Os Museos Científicos Coruñeses e o Campus Innova da Universidade da Coruña organizan este sábado 8 de xuño unha nova edición de Naukas, un evento de divulgación científica que durante toda a xornada reunirá no Teatro Rosalía da cidade a referentes estatais da divulgación científica e investigadores de referencia nos seus respectivos ámbitos.
Aínda que o aforo do teatro está prácticamente cuberto, xa que as entradas se esgotaron en poucas horas hai unhas semanas, cando se abriu a inscrición, desde a organización recomendan á xente que non conseguiran entrada e estea interesada nas charlas de Naukas a asistir ao Rosalía antes de cada sesión. “A experiencia doutros anos dinos que adoitan quedar suficientes cadeiras libres para todos”, expoñen.
Durante a xornada, que estará presentada por Víctor Grande, subirán ao escenario de Naukas investigadores como Ángel Carracedo, María Pardo, Manuel Collado ou Lluís Montoliu. O tema sobre o que xirarán as ponencias será a Medicina e a Saúde no Século XXI. Esta é a programación completa:
Sesión de mañá
9.30: Apertura de portas.
10.00: Presentación a cargo de Víctor Grande.
10:05 ¡Socorro, vivimos nun mundo obeso! María Pardo, IP Grupo Obesidómica, Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago (IDIS/SERGAS)
10.30: Que é o cancro? Eduardo López-Collazo, director científico do IdiPAZ.
11.00: Traédeme cerebros! Iria Veiga, psiquiatra e divulgadora científica.
11.30: Pausa para café.
12.00: É grave, doutor Google? Esther Samper, comunicadora científica.
12.30: A importancia de humanizar a medicina. Lucía Galán, pediatra.
13.00: Pobreza e saúde: un círculo vicioso. Gabriela Jorquera, especialista en pobreza e exclusión social.
13:30 Pausa para comida
Sesión de tarde
16:00 Apertura de portas.
16:30 Microbiota, un cambio de paradigma na medicina personalizada. Ignacio López-Goñi, Museo de Ciencias da Universidad de Navarra.
17:00 Na busca da fonte da eterna xuventude. Manuel Collado, Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago (IDIS/SERGAS).
17:30 Big data e xenómica: o bo, o feo e o malo. Susana Ladra, Investigadora do CITIC, Universidade da Coruña.
18:00 Pausa para café.
18:30 As bondades e perigos das células nai. María Abad, Investigadora no Instituto de Oncología de Vall d’Hebrón (VHIO).
19:00 CRISPR: recorta, pega e colorea xenético. Lluis Montoliu, Investigador do CSIC e do CIBERER.
19:30 É eticamente correcto todo o tecnicamente posible? Unha introdución á Bioética. José Antonio Seoane, profesor de Filosofía do Dereito, UDC.
20:00 Os retos da medicina personalizada. Ángel Carracedo, Coordinador do Grupo de Medicina Xenómica da Universidade de Santiago de Compostela.
20:30 Despedida e peche.














