Dúas cirurxías para salvar un cabaliño de mar na Coruña

Veterinarios dos Museos Científicos Coruñeses interveñen nun exemplar de Hippocampus Guttulatus nunha operación de precisión

A atención veterinaria diaria no Aquarium Finisterrae aplica coidados a todos os animais, desde os de maior tamaño, como as lobos mariños, ata os máis pequenos, como os peixes pallaso. Así, o pasado mes de xuño, un exemplar de cabaliño de mar de oito centímetros nado na Casa dos Peixes, da especie Hippocampus  guttulatus, tivo que ser intervido cirurxicamente para mantelo con vida.

Presentaba unha malformación de nacemento no abdome, un orificio polo que se lle saían os órganos internos. Nunha primeira intervención introducíronselle as vísceras no seu interior e pechouse o buraco. Uns días despois, tras cicatrizar a ferida, someteuse a unha segunda operación na que se lle retiraron os puntos. Ambas intervencións tiveron que realizarse coa axuda dunha lupa debido ao pequeno tamaño do peixe.

Publicidade

Unha vez que se comprobou que se movía con normalidade e que estaba recuperado, devolveuse ao tanque co resto dos exemplares da súa especie. O proceso está recollido neste vídeo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Cando a investigación sae do laboratorio: así funciona a transferencia científica en Galicia

A Xunta identifica o potencial dos xestores de transferencia como ponte entre o académico e o mercado con iniciativas de formación especializada

Unha nova pintura chega á Coruña: a viaxe dunha táboa flamenga recuperada do tráfico de arte

A peza, do século XVI e atribuída a un pintor anónimo, foi localizada en Italia tras ser exportada ilegalmente dende España

A eclipse total de Sol xa está aquí: a guía definitiva sobre a cita astronómica do ano en Galicia

O territorio será protagonista máis dun século despois do último fenómeno, coa Coruña e Lugo na totalidade e as nubes como principal incógnita para a observación

Da cosmoloxía moderna á física solar: os congresos que marcarán a semana da eclipse na Coruña

A cidade reunirá durante catro días a investigadores de referencia internacional para abordar as grandes incógnitas do universo e os últimos avances da estrela