A Coruña xa acumula o 61% dos casos de coronavirus en Galicia

Nas últimas 24 horas, o número total de positivos activos en Galicia chegou aos 1.400 e medran as hospitalizacións

A área sanitaria da Coruña xa acumula o 61 por cento dos casos activos de coronavirus en Galicia. Son 851 sobre o total de 1.400 rexistrados en Galicia segundo as cifras ofrecidas hoxe pola Consellería de Sanidade. Ademais, esta porcentaxe non para de medrar nas últimas semanas: eran o 46% o pasado 8 de agosto, e o 55% o día 12; ata chegar ao 61 por cento actual.

O dato triplica ó da poboación que representa: 547.000 habitantes pertencen á area da Coruña-Cee, o que representa o 20% do censo dos galegos. A día de hoxe, hai 1,55 casos de coronavirus por cada mil habitantes na área sanitaria da Coruña. A segunda en incidencia en Galicia, a de Vigo, ten 6 veces menos casos: 0,25 por cada 1.000 habitantes.

Publicidade

As cifras das últimas 24 horas ofrecidas pola Consellería de Sanidade amosan un incremento dos casos activos en Galicia nas últimas 24 horas de 118, ao pasar de 1.282 a 1.400. A véspera, o salto de casos fora de 124, seis máis.

Na área sanitaria da Coruña detectáronse 73 casos máis (fronte ao incremento de 78 do día anterior). En canto ao resto de áreas, Lugo mantense estable en 110 (é a única que non rexistra un aumento), Ourense dá un salto de 20 e chega a 114 (pola incidencia de varios rebrotes), Pontevedra tamén incrementa de forma notable, de 60 a 70 (+10), Vigo pasa de 134 a 139 (+5), Santiago chega a 63 ao sumar 8 (eran 55) e Ferrol sitúase en 53 (+2).

Publicidade

Nas últimas 24 horas, houbo 73 casos máis na área da Coruña; a segunda suba, Ourense, suma 20

Ademais, medra a presión sobre os hospitais. A situación asistencial empeora, ao pasar os pacientes en UCI de tres a cinco, con 57 hospitalizados, o que supón nove máis que o día anterior. Dese total de pacientes en planta, novamente a área coruñesa absorbe a gran maioría: 48 (preto do 85%).

As residencias de maiores, que foron o gran foco da Covid-19 na primeira ondada, volven preocupar cos oito usuarios infectados na residencia Orpea Coruña, na localidade de Culleredo, que deu a coñecer a Consellería de Política Social no seu último balance.

Dáse a circunstancia de que este era un dos catro centros sociosanitarios cun traballador contaxiado, xunto cos de San Bartolomeu en Xove, Paradela e Barra de Miño en Coles.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Dentro do ‘Odón de Buen’, o buque ‘vigués’ que navega cara á nova campaña científica na Antártida

O oceanográfico construído en Galicia participará por primeira vez nas operacións de apertura das bases españolas do polo sur

Galicia facilita o acceso a Lenzetto dende o estranxeiro ante o desabastemento do fármaco para a menopausa

A falta de tratamento indicado para tratar os síntomas da deficiencia de estróxeno tras a menopausa ten outras alternativas financiadas

Que é o efecto Fujiwhara? O fenómeno polo que un tren de borrascas regará Galicia

Unha fronte activa avanzará polo oeste peninsular e deixará choivas que se manterán canto menos ata o xoves

As emisións bioxénicas de CO2 aumentaron o 64% en Galicia dende 1990

Se se contabilizasen nos inventarios oficiais, elevarían nun 20% o balance galego de gases de efecto invernadoiro