O ciclón Kyle desafía a Galicia como borrasca explosiva en agosto

A tempada de furacáns de 2020 é moi intensa e poderíase bater un récord dunha cicloxénese temperá en pleno verán

A tempada de furacáns 2020 vai en cifras de récord. Xa hai 11 ciclóns con nome, que son dous máis dos que houbo no célebre ano 2005, cando o Katrina arrasou Louisiana a finais de agosto. Agora, a letra ‘K’ xa leva días en acción, coa tormenta tropical Kyle, que se formou fronte á costa leste dos Estados Unidos e que xa se move polo Atlántico cara a Europa. No ano 2005, houbo tantos ciclóns que, a partir de outubro, cando se nomeou ao furacán Wilma, houbo que empregar as letras do alfabeto grego para nomear aos seguintes: Alpha, Beta, Gamma, Delta, Epsilon e Zeta, este último xa o 30 de decembro. No portal especializado Cazatormentas recollen varios testemuños de meteorólogos que especulan con que este ano se repetirá a historia…

Pero tanta actividade ciclónica pode bater outra marca: a dunha cicloxénese explosiva a formarse fronte a Galicia en pleno mes de agosto. Cando estes fenómenos non adoitan comezar ata finais de setembro.

Publicidade

O responsable podería ser a propia tormenta tropical Kyle, que se move cara a Europa empuxado pola circulación xeral da atmosfera en latitudes medias. Deste xeito, espérase que faga unha transición extratropical e perda as suas características de tormenta tropical para transformarse nun borrasca. O caso é que esta transición pode ser moi rápida e ter as características dunha cicloxénese explosiva. Na que, ademais, pode atoparse con outra zona de baixas presións actualmente situada fronte ás illas Británicas… o resultado sería unha situación propia do outono e inverno pero no medio do verán.

Se as previsións son acertadas, a chegada dos efectos de Kyle a Galicia estaría prevista para a tarde do mércores ata a mañá do xoves, cunha noite de intensas choivas e refachos de vento.

Publicidade

Da situación final desta potente borrasca dependerá a virulencia dos efectos sobre Galicia, que deberían incluir tamén unha forte ondada, cunha situación moi complicada na mar. A evolución de Kyle vai coñecerse ao longo do martes con gran seguridade.

Furacáns en Galicia: serán más habituais a partir de agora?

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Do Café Moderno de Pontevedra aos ‘Seis poemas galegos’: esta é a Galicia de Lorca

O poeta granadino visitou dúas veces a cidade, mantivo vínculos con destacados intelectuais e deixou unha fonda pegada na cultura, a paisaxe e a lingua

Un estudo arqueolóxico revela o papel esencial das mulleres na construción histórica do rural galego

A investigación pon de manifesto a importancia do traballo produtivo, doméstico e de coidados, así como o papel na transmisión de saberes

Unha investigación galega afonda no dó dos arroaces: que fan as nais cando morre unha cría?

Unha análise da CEMMA documenta os comportamentos das femias e identifica nos cachorros falecidos marcas asociadas ao seu acompañamento

Setembro pecha con sete mortes por afogamento en Galicia

É a cuarta comunidade autónoma con máis falecementos, só superada por Canarias, Cataluña e Andalucía