Xoves 28 Marzo 2024

A Domus da Coruña reabre este mércores con cita previa

O museo acollerá desde este mércores tres actividades dirixidas a todos os públicos no seu laboratorio aberto, a sala Maker e no cinema

Catro meses despois do peche das instalacións da Domus da Coruña, o museo volve abrir as súas portas. É o segundo dos Museos Científicos Coruñeses, despois do Aquarium Finisterrae, en retomar a actividade cara ao público. Por agora, a Casa das Ciencias permanece pechada.

Co obxectivo de garantir a seguridade dos visitantes, o acceso á Domus estará limitado a un programa de actividades na sala Maker, o Laboratorio Aberto e o cinema da sala Leonardo da Vinci. Estas son as propostas das que poderán desfrutar os visitantes:

Publicidade

– maker@domus: actividades para experimentar a cultura “ maker” e facer tecnoloxía con materiais sinxelos e moita imaxinación. Unha oportunidade única para “pensar coas mans”. Idade mínima: a partir de 10 anos. As nenas e os nenos non poderán permanecer sós na actividade. Duración: 1 hora e media.

– atapuerca@domus: proxección da película Na busca do primeiro europeo, foto coa familia homínida e taller de pintura prehistórica. Idade mínima: a partir de 8 anos. As nenas e os nenos non poderán permanecer sós na actividade. Duración: 1 hora e media.

– misión@domus: un xogo de escape no que hai que atopar pistas ocultas ou resolver situacións inesperadas para conseguir finalizar a misión secreta no tempo límite. Idade mínima: a partir de 6 anos. As nenas e os nenos non poderán permanecer sós na actividade. Duración: 40 minutos

Para participar en calquera destas actividades da Domus haberá que realizar previamente unha reserva por internet, a través desta ligazón web. Hai que seleccionar no calendario o día e a hora da actividade que se quere realizar, reservando un máximo de catro entradas. Nas actividades participarán conxuntamente persoas adultas e menores.

Segundo a normativa vixente, as persoas participantes asistirán coas súas propias máscaras, sen válvula exhalatoria (segundo resolución do 25 de xuño de 2020 da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, Xunta de Galicia) e levaranas durante toda a actividade.

Realizarase lavado frecuente de mans coas solucións hidroalcohólicas dispoñibles.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A UVigo reivindica no Día Mundial da Auga a importancia do seu acceso universal

A universidade impulsa a concienciación través dunha serie de pódcast con nenos e nenas e dun concurso escolar de microrrelatos
00:03:09

As patacas teñen lingua propia: o vídeo dunha galega finalista nun certame de divulgación

A investigadora da Misión Biolóxica de Galicia Lucía Martín Cacheda presenta unha peza audiovidual sobre a comunicación química das plantas

O planetario da Casa das Ciencias estrea unha proxección para público infantil

Un filme con dous esquíos como protagonistas ensinaralle os nenos de 4 a 7 anos as condicións de vida doutros planetas do sistema solar

A eternidade por fin comeza un luns

Artigo gañador da VI edición do IGFAE C3, o concurso de comunicación científica do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías