A Casa das Ciencias da Coruña celebra unha xornada sobre micoloxía

Os Museos Científicos Coruñeses celebran este domingo 4 de novembro unha xornada sobre micoloxía, con entrada libre e gratuíta e aberta a todos os públicos. A actividade desenvolverase de 11 a 14 e de 16 a 19 horas, e terá lugar na sala de actividades da Casa das Ciencias, no edificio que está na entrada do Parque de Santa Margarita pola rúa Padre Sarmiento.

Durante a xornada abordaranse diversos aspectos da micoloxía, con obradoiros dirixidos por estudantes universitarios da asociación UDCbigbang e coa colaboración do Grupo Micolóxico Galego. Ademais, haberá unha exposición das especies de cogomelos máis representativos do momento. As actividades están deseñadas para que as persoas pouco familiarizadas con esta disciplina poidan achegarse por primeira vez a ela.

Publicidade

Os obradoiros serán os seguintes:

– Fungos microscópicos no día a día. Observación de fermentos e preparacións microscópicas de diferentes especies de fungos.

Publicidade

– Caderno de campo: diferentes formas no mundo dos fungos. Traballarase cunha maqueta, e propoñerase a realización de debuxos e modelado en plastilina.

– Gabinete do micólogo. Conservación de exemplares, reactivos químicos, detalles con lupa e microscopio, claves dicotómicas.

– Comestible ou tóxica? Mediante imaxes impresas dos cogomelos máis velenosos e as súas posibles confusións convidarase ao público á identificación e recoñecemento de diferentes características. Tipos de intoxicación.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Cando a investigación sae do laboratorio: así funciona a transferencia científica en Galicia

A Xunta identifica o potencial dos xestores de transferencia como ponte entre o académico e o mercado con iniciativas de formación especializada

Unha nova pintura chega á Coruña: a viaxe dunha táboa flamenga recuperada do tráfico de arte

A peza, do século XVI e atribuída a un pintor anónimo, foi localizada en Italia tras ser exportada ilegalmente dende España

A eclipse total de Sol xa está aquí: a guía definitiva sobre a cita astronómica do ano en Galicia

O territorio será protagonista máis dun século despois do último fenómeno, coa Coruña e Lugo na totalidade e as nubes como principal incógnita para a observación

Da cosmoloxía moderna á física solar: os congresos que marcarán a semana da eclipse na Coruña

A cidade reunirá durante catro días a investigadores de referencia internacional para abordar as grandes incógnitas do universo e os últimos avances da estrela