“Biosfera escura”: o novo programa do planetario da Casa das Ciencias

O audiovisual dirixido por Javier Bollaín representará unha viaxe dende a Terra ata os confíns da Vía Láctea

A Casa das Ciencias da Coruña presenta un novo programa de Planetario, Biosfera escura, un audiovisual que transporta ás profundidades da cortiza terrestre para coñecer as formas de vida máis extremas do planeta. A historia leva ás fronteiras do coñecemento nunha viaxe desde o interior da Terra ata os confíns da nosa galaxia, en busca de respostas á gran pregunta: hai vida máis aló da Terra? A estrea celebrarase este venres 31 de maio ás 18 horas, e incorpórase á carteleira a partir do sábado 1 de xuño.

Biosfera Escura está dirixida por Javier Bollaín e conta coa voz de Viggo Mortensen como narrador. Para o desenvolvemento do programa contouse coa colaboración técnica da Casa das Ciencias da Coruña, os planetarios de Madrid, Pamplona e Douai (Francia), ademais da participación do Parque das Ciencias de Granada, o Museo da Ciencia Cosmocaixa (Barcelona) e da Casa da Ciencia de Sevilla.

Publicidade

O programa conta coa colaboración do Ministerio de Ciencia e Innovación a través da FECYT (Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía) e o apoio de prestixiosas institucións como o Centro de Astrobioloxía (CAB, CSIC-INTA), a Axencia Espacial Europea (ESA), o Museo Nacional de Ciencias Naturais (MNCN-CSIC) e o Instituto Europeo de Astrobioloxía (EAI).

Programación

A partir do sábado 1 de xuño Biosfera escura incorpórase á carteleira do Planetario, que terá a seguinte programación:

Publicidade

  • 11:30 h. Biosfera oscura (+10 anos, castelán)
  • 13:00 h. Dinosauros, unha historia de superviviencia (+7 anos, galego)
  • 17:00 h. Hazelnuts, na procura do planeta perfecto (de 4 a 7 anos, galego)
  • 18:00 h. Programa en directo sobre o ceo desta época do ano (+10 anos, castelán/galego)

Case catro décadas en funcionamento

Estas actividades coincidirán cunha data especial para este museo coruñés: o 1 de xuño celébranse 39 anos dende a apertura da Casa das Ciencias. Situada no palacete do interior do parque de Santa Magarita, conta cun planetario e tres plantas de exposicións, cun oco nas súas escaleiras onde oscila un péndulo de Foucault.

Os seus visitantes, ademais de experiencias de física e exposicións, poden viaxar no espazo e no tempo grazas ás experiencias de Planetario. Os proxectores dixitais permiten o traslado do público ao longo do universo, mais o seu proxector analóxico Zeiss permite reproducir a noite estrelada para descubrir todos os astros que poden observarse a simple vista.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Dúas décadas de Gastón, o tiburón touro que vive na sala Nautilus do Aquarium Finisterrae

O exemplar, que vive no tanque do acuario da Coruña, é un dos principais reclamos do museo científico herculino desde hai dúas décadas

Os Museos Científicos Coruñeses celebran este sábado unha xornada de portas abertas

A Casa das Ciencias, o Aquarium Finisterrae e a Domus festexan o Día dos Museos con entrada libre e gratuíta ás súas salas e actividades

Os Museos Científicos Coruñeses celebran a Semana da Ciencia con entradas gratuítas

A Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae permitirán o acceso sen custo ás súas instalacións dende o 9 ao 17 de novembro
00:01:34

O delicado proceso da captura da sardiña: así se trasladan ao Aquarium Finisterrae

O acuario coruñés comparte un vídeo divulgativo para que os usuarios comprendan como é a recolección no mar desta especie e o seu coidadoso traslado ás instalacións