‘Aventura coas focas’: un taller no Aquarium Finisterrae con reserva aberta

O acuario dos Museos Científicos Coruñeses inicia o reparto de entradas para as sesións e xuño, as últimas do curso escolar

Aventura coas focas é un taller de divulgación científica no que as persoas participantes visitarán a cociña do Aquarium Finisterrae da Coruña, participarán na preparación dos alimentos e accederán ás plataformas exteriores onde se alimenta e revisa o estado destes mamíferos mariños. O pasado luns abriuse a reserva de entradas para as sesións de xuño, as últimas deste curso escolar para unha actividade que se retomará en outubro.

A actividade está dirixida a maiores de 7 anos, que deberán acreditar a súa idade con DNI ou fotografía do libro de familia onde figure o nome e a data de nacemento. Os nenos e nenas deberán ir acompañados durante toda a actividade por unha persoa adulta que se fará cargo dun máximo de dous menores. Esta actividade do acuario dos Museos Científicos Coruñeses non ten custo engadido ao prezo que cada visitante deba abonar para entrar no recinto, pero require a reserva de entradas para todas as persoas participantes.

Publicidade

Polas características da actividade, ofértanse só 12 prazas en cada sesión. En xuño haberá 8 sesións, o que supón un total de 96 prazas.

A reserva de entradas poderá realizarse nesta dirección:

Publicidade

👉 https://ticketing.coruna.gal/mc2-aq/acf/

Un xantar coas focas, os mamíferos mariños de ollos chorosos

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Os nenos galegos son os que menos usan as pantallas durante a semana

Dificultades para concentrarse, para durmir ou para ler e escribir son algunhas das consecuencias da exposición temperá a novas tecnoloxías

Os Museos Científicos Coruñeses celebran este sábado unha xornada de portas abertas

A Casa das Ciencias, o Aquarium Finisterrae e a Domus festexan o Día dos Museos con entrada libre e gratuíta ás súas salas e actividades

De peixes mutantes a súper quenllas: os 14 obradoiros cos que o acuario da Coruña celebra a Feira Isabel Zendal

Profesorado da Universidade da Coruña impartirá diversos talleres sobre saúde, bioloxía e os animais máis característicos do museo

A regra dos catro agasallos para regalar aos nenos en Nadal

Os expertos recomendan obsequiar aos cativos nestas festas con algo que queiran, que necesiten, que poidan poñer e que lean