A foto que reproduce o emblemático Congreso Solvay

O investigador do CiQUS Diego Peña foi un dos 34 participantes en Honour Science & Chemistry, un evento que reuniu a científicos de prestixio internacional

O investigador principal do Centro de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares (CiQUS) da Universidade de Santiago de Compostela (USC) Diego Peña acaba de participar en Honour Science & Chemistry, un evento organizado polo Consello Europeo da Industria Química que reuniu a 34 científicos europeos do ámbito da química. Ademais, o evento celebrouse no Hotel Metropole de Bruxelas, onde tamén se celebraron os congresos Solvay. De feito, os participantes na cita recrearon a emblemática foto de 1927, que reuniu aos investigadores máis importantes da época.

No que respecta a Honour Science & Chemistry, o evento reuniu a científicos xa consolidados de referencia mundial —entre eles dous premios Nobel—, así como a líderes da industria química e a estudantes de doutoramento en química de toda Europa. No acto debateron sobre como a disciplina continuará cambiando as nosas vídas no futuro próximo e cales son os retos globais aos que se enfronta como, por exemplo, a sustentabilidade ou a loita contra o cambio climático.

Publicidade

Ademais, Honour Science & Chemistry pretende recuperar o espírito das famosas reunións Solvay de comezos do século XIX para establecer pontes entre os líderes químicos da academia e da industria en Europa. Este obxectivo quedou materializado na reprodución da foto de 1927, unha reunión que xa forma parte da historia da ciencia por xuntar a figuras tan importantes como Marie Curie, Albert Einstein e Erwin Schrödinger, entre outros.

Homenaxe a unha imaxe histórica

Arriba, a imaxe do congreso actual no que participou o investigador do CiQUS Diego Peña (terceiro pola dereira da última fila). Abaixo, a imaxe do Congreso Solvay de 1927, con algúns dos científicos máis importantes da historia da ciencia.
Arriba, a imaxe do congreso actual no que participou o investigador do CiQUS Diego Peña (terceiro pola dereira da última fila). Abaixo, a imaxe do Congreso Solvay de 1927, con algúns dos científicos máis importantes da historia da ciencia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un científico do CiQUS obtén unha prestixiosa axuda para impulsar un novo enfoque de deseño molecular

Luis M. Mateo é beneficiario dunha Branco Weiss Fellowship, unha das bolsas con máis recoñecemento internacional destinada a investigadores mozos

O CiQUS desenvolve materiais orgánicos porosos semicondutores sen necesidade de dopantes

O traballo, froito da colaboración entre tres grupos de investigación, permite incorporar portadores de carga directamente na estrutura, preservando as súas propiedades cristalinas

Das augas residuais ao combustible do futuro: así produce hidróxeno verde o novo sistema do CiQUS

O equipo de María Giménez-López emprega a urea como materia prima para impulsar unha nova estratexia máis sostible e eficiente

O CiQUS, na elite da ciencia co selo María de Maeztu: “É un recoñecemento ao traballo dos últimos anos”

O investimento previsto para o centro da USC impulsará a captación de talento, a creación de novas infraestruturas e liñas de investigación