Arata Isozaki, autor da fachada da Domus, gaña o ‘Nobel’ de Arquitectura

O arquitecto xaponés, de 87 anos, consegue o premio Pritzker; deseñou xunto a César Portela a fachada do museo coruñés

O arquitecto xaponés Arata Isozaki, autor xunto a César Portela da fachada da Domus da Coruña, é o gañador do premio Pritzker, o cualificado como ‘Nobel’ da Arquitectura polo seu prestixio. Isozaki, de 87 anos. O anuncio eloxia a Arata Isozaki por “sobrepasar o marco da arquitectura para abrir cuestións que trascenden épocas e fronteiras”.

Na información que acompaña ao anuncio do premio Pritzker para Isozaki, destácase a Domus, tamén coñecida como Casa do Home, como unha das súas obras máis relevantes.

Publicidade

Non é a primeira ocasión na que o Pritzker recaen en autores con obras realizadas en Galicia. En 1992 recibiuno Álvaro de Siza, que proxectou os edificios da Facultade de Comunicación ou o Centro Galego de Arte Contemporáneo en Santiago de Compostela. Outro Pritzker, Norman Foster (recibiuno en 1999) deseñou o proxecto inicial da intermodal de Ourense, aínda sen construír.

A Domus, inaugurada en 1995, foi o segundo dos tres Museos Científicos Coruñeses, e é o primeiro museo interactivo do mundo dedicado ao ser humano. Conta con máis de 150 módulos para gozar aprendendo sobre as características do xénero Homo.

Publicidade

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Cando a investigación sae do laboratorio: así funciona a transferencia científica en Galicia

A Xunta identifica o potencial dos xestores de transferencia como ponte entre o académico e o mercado con iniciativas de formación especializada

Unha nova pintura chega á Coruña: a viaxe dunha táboa flamenga recuperada do tráfico de arte

A peza, do século XVI e atribuída a un pintor anónimo, foi localizada en Italia tras ser exportada ilegalmente dende España

A eclipse total de Sol xa está aquí: a guía definitiva sobre a cita astronómica do ano en Galicia

O territorio será protagonista máis dun século despois do último fenómeno, coa Coruña e Lugo na totalidade e as nubes como principal incógnita para a observación

Da cosmoloxía moderna á física solar: os congresos que marcarán a semana da eclipse na Coruña

A cidade reunirá durante catro días a investigadores de referencia internacional para abordar as grandes incógnitas do universo e os últimos avances da estrela