A borrasca Laura e un río atmosférico están chegando a Galicia, e ímolo notar

MeteoGalicia activa o aviso amarelo e mesmo laranxa a partir das tarde do martes por fortes chuvias, vento no mar e fortes refachos en terra

Moito ollo a partir da tarde do martes á situación meteorolóxica. A combinación dunha potente fronte asociada a unha borrasca (que a Aemet acaba de bautizar como Laura) procedente do Atlántico e un río atmosférico que transporta unha gran carga de humidade deixará notables cifras de precipitacións, sobre todo no oeste de Galicia.

Así, MeteoGalicia activou xa o aviso amarelo por Laura a partir das 15 horas do martes por acumulados de precipitación nunha hora (ata 15 litros) e 12 horas (ata 40 litros) en moitas comarcas do país. Ademais, o nivel será laranxa por ventos na montaña de Ourense, onde se poderían superar os 100 km/h e amarelo no resto de Galicia, agás no noroeste de Ourense e o sur de Lugo. E na costa, o forte vento no mar obrigou á Xunta a decretar a alerta laranxa. A situación de aviso amarelo por vento e chuvia asociados a Laura prolongarase ata o mércores.

Publicidade

Radar de MeteoGalicia ás 15.40 horas.
Radar de MeteoGalicia ás 15.40 horas.

O río atmosférico

Un río atmosférico é unha masa de aire moi húmido, con grandes cantidades de auga precipitable nas capas altas da atmosfera, que pode chegar a ter milleiros de quilómetros de longo e poucos centos de quilómetros de ancho, que cruza o Atlántico desde as latitudes tropicais ata a costa europea.

Este fenómeno, estudado en profundidade desde hai anos por expertos galegos de MeteoGalicia e a USC, ten unha grande importancia para a climatoloxía debido á gran achega de humidade que trae consigo. Así, os traballos realizados neste senso polos investigadores galegos tiveron un importante impacto internacional.

Publicidade

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

2026 rexistrou o segundo mes de setembro máis cálido dende hai 65 anos

A temperatura media alcanzou os 20,4 graos, 2,4 por riba do habitual, mentres que a chuvia quedou un 52% por baixo da media histórica

Galicia rexistra case 2.700 raios en 24 horas

A tormenta incidiu principalmente sobre Pontevedra e o oeste de Ourense, e as chuvias máis intensas alcanzaron os 61,3 l/m² en Baiona

Unha dina acende a alerta laranxa en Galicia por fortes treboadas: estes son os concellos afectados

O interior da Coruña e o centro de Lugo estarán en aviso por tormentas que poden vir acompañadas de aparello eléctrico e sarabia

Unha masa de aire marítima tumba as temperaturas ata 10 graos en Galicia no inicio do outono

Unha fronte traerá precipitacións á comunidade a partir do sábado, unha situación que podería continuar a próxima semana