O Aquarium Finisterrae realizará un taller de divulgación científica con focas

O próximo luns ás 10.00 horas ábrese o prazo para a reserva de entradas para as sesións de abril, maio e xuño de 2023

Se che gustan as criaturas mariñas, esta é unha actividade para ti. Proximamente, o Aquarium Finisterrae iniciará «Aventura coas focas», é un taller de divulgación científica no que se participa na preparación dos alimentos e accédese ás plataformas exteriores onde se alimenta e revisa o estado destes mamíferos.

A actividade está dirixida a persoas maiores de 7 anos, que deberán acreditar a súa idade con DNI ou fotografía do libro de familia onde figure o nome e a data de nacemento. Os nenos e nenas deberán ir acompañados durante toda a actividade por unha persoa adulta que se fará cargo dun máximo de dous menores.

Publicidade

Esta actividade non ten custo engadido ao prezo que cada visitante deba abonar para entrar no recinto, pero require a reserva de entradas para todas as persoas participantes. Polas características da actividade, ofértanse só 12 prazas en cada sesión. No segundo trimestre deste ano haberá 19 sesións, o que supón un total de 228 prazas. O próximo luns ás 10.00 horas abrirase a venta de entradas para as sesións de abril, maio e xuño.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Volven as G-Night: máis de 150 actividades científicas nas rúas das sete cidades galegas

Máis de 500 investigadores achegar experimentos, obradoiros e demostracións a públicos de todas as idades o 25 de setembro

Un ciclo de divulgación científica leva a investigación sobre Galicia a seis vilas do Camiño de Santiago

A iniciativa de Observer ‘Camiños de Ciencia’ celebrarase entre setembro e novembro con charlas gratuítas arredor da arqueoloxía, xeoloxía ou astronomía

Que historia ocultan as rochas? Unha nova páxina web galega ten a resposta

A iniciativa Xeogalicia ofrece artigos, mapas, guías e recursos educativos para achegar a xeoloxía de Galicia a todos os públicos

Jinzi, a nova incorporación do Aquarium Finisterrae para recuperar as crías de foca

A Coruña convértese no fogar dunha foca macho que chega a Galicia despois dun intercambio co Oceanogràphic de Valencia.