Os Museos Científicos Coruñeses abrirán toda a Semana Santa

A Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae ofrecen unha programación especial polos festivos para toda a familia

Aínda non sabes que facer en Semana Santa? A Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae na Coruña abrirán todos os días, onde poderás visitar varias exposicións e realizar actividades con toda a familia, acudir ao momento de alimentación de animais mariños ou ver imaxes e vídeos inéditos sobre o espazo exterior.

Na Casa das Ciencias o público poderá gozar dunha das últimas novidades, a exposición «A través do James Webb», cunha colección de espectaculares imaxes do universo obtidas polo Telescopio Espacial James Webb, un dos fenómenos astrónomos dos últimos tempos. Ademais, do sábado 1 ao luns 10 de abril haberá catro sesións de Planetario: Dinosaurios, A nena que sabía camiñar ao revés, Polaris e A noite é necesaria.

Publicidade

Domus, un museo localizado no paseo marítimo da Coruña, presenta entre as súas máis recentes novidades o módulo do parto, onde o público pode descubrir como é este momento único da vida a través de dous novos vídeos con imaxes de dous nacementos. O museo ofrece ademais numerosas experiencias interactivas relacionadas coa nutrición, a evolución humana, a xenética, o cerebro e tantas outras que convidan a coñecer as diversas facetas do ser humano.

No Aquarium Finisterrae o público poderá asistir a diario, ás 12 e ás 17 horas, ao momento de alimentación das focas das piscinas exteriores, así como descubrir as máis de 300 especies que viven nos tanques das diferentes salas, como os tiburóns da sala Nautilus. Ademais, poderá gozar das exposicións fotográficas temporais máis recentes, “Cru-Memoria do Mar Exeo” e “Avistamentos Atlánticos».

Publicidade

A Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae abren todos os días de 10 a 19 horas, con último acceso ás 18.00 horas no Aquarium e ás 18.30 horas na Casa das Ciencias e Domus.

Relacionadas

Jinzi, a nova incorporación do Aquarium Finisterrae para recuperar as crías de foca

A Coruña convértese no fogar dunha foca macho que chega a Galicia despois dun intercambio co Oceanogràphic de Valencia.

O prognóstico definitivo da Semana Santa en Galicia: xa hai data para a volta da chuvia

Distintos servizos meteorolóxicos prevén tempo solleiro e temperaturas agradables de cara aos próximos días, pero a inestabilidade chegará da man de novas frontes a partir do vindeiro luns

Ata os 26 graos en Galicia: estas son as últimas pistas sobre o tempo en Semana Santa

Os modelos europeos anticipan un ambiente máis cálido do habitual, especialmente nas Rías Baixas, con máximas por riba da media

Dúas décadas de Gastón, o tiburón touro que vive na sala Nautilus do Aquarium Finisterrae

O exemplar, que vive no tanque do acuario da Coruña, é un dos principais reclamos do museo científico herculino desde hai dúas décadas