Aquarium Finisterrae: os 20 anos dun océano de coñecemento

O acuario coruñes celebra este mes o seu 20º aniversario con cinco xornadas de portas abertas e novidades nas súas instalacións

Hai agora 220 anos, o 5 de xuño de 1799, A Coruña albergou o punto de partida dunha expedición histórica. O célebre Alexander von Humboldt, acompañado doutro científico, o francés Aimé Bonpland, partiu na corveta Pizarro cara a Sudamérica, nunha viaxe na que recolleu, interpretou e transmitiu unha enorme cantidade de datos que sentaron as bases de numerosas ciencias. Un dos xigantes en cuxos ombros nos pousamos hoxe en día. E xusto 200 anos despois, a cidade da que saíu Humboldt celebrou unha nova data para lembrar: o 5 de xuño de 1999 abría o Aquarium Finisterrae, tamén coñecida como Casa dos Peixes, un museo situado aos pés da Torre de Hércules e dedicado á divulgación do medio mariño, crucial na historia coruñesa.

Desde entón, foron máis de 5 millóns e medio as persoas que pasaron polas instalacións. E un 30% deles, é dicir, case 2 millóns, foron escolares. Unhas cifras que dan conta da magnitude do labor divulgativo do Aquarium Finisterrae. Agora, paraa celebrar o seu vixésimo aniversario, a Casa dos Peixes, por iniciativa do Concello da Coruña, decidiu celebrar catro xornadas de portas abertas durante o mes de xuño. Serán os domingos 2, 9, 16 e 30 de xuño, ademais da do 24 de xuño, festividade local de San Xoán.

Publicidade

Vista xeral da Casa dos Peixes, coa Torre de Hércules ao fondo. Foto: Museos Científicos Coruñeses.
Vista xeral da Casa dos Peixes, coa Torre de Hércules ao fondo. Foto: Museos Científicos Coruñeses.

Máis de 5 millóns e medio de persoas visitaron nestes 20 anos o Aquarium, e o 30% deles foron escolares

Un percorrido pola historia do Aquarium Finisterrae

Durante as xornadas de portas abertas o público poderá gozar das novidades que se organizaron con motivo do aniversario. Entre elas está a exposición “Aquarium Finisterrae: 1999-2019”, que contén os carteis de todas as exposicións producidas polo Aquarium durante este período. Entre outros fitos, a mostra recolle a chegada de Petra e Hansi, as primeiras focas do acuario, en abril de 2000; o nacemento de Deneb e Altair, as crías da mesma especie que naceron nas instalacións coruñesas a principios do verán de 2003, ou a chegada de Gastón, a quenlla touro da sala Nautilus, en febreiro de 2006.

Alén da historia do Aquarium Finisterrae, as persoas que o visiten este mes de xuño poderán ver “Sexo azul“, unha curiosa mostra sobre a reprodución sexual dos seres vivos que viven na auga, formada por 20 módulos que conteñen acuarios con seres vivos, pezas de museo, modelos, pantallas táctiles, xogos, aparellos interactivos e ilustracións.

Publicidade

Ademais, durante os sábados do mes de xuño, o Aquarium Finisterrae entregará aos seus visitantes, de forma gratuíta e ata esgotar existencias, un cartel promocional histórico dos editados desde a súa inauguración.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Cando a investigación sae do laboratorio: así funciona a transferencia científica en Galicia

A Xunta identifica o potencial dos xestores de transferencia como ponte entre o académico e o mercado con iniciativas de formación especializada

Unha nova pintura chega á Coruña: a viaxe dunha táboa flamenga recuperada do tráfico de arte

A peza, do século XVI e atribuída a un pintor anónimo, foi localizada en Italia tras ser exportada ilegalmente dende España

A eclipse total de Sol xa está aquí: a guía definitiva sobre a cita astronómica do ano en Galicia

O territorio será protagonista máis dun século despois do último fenómeno, coa Coruña e Lugo na totalidade e as nubes como principal incógnita para a observación

Da cosmoloxía moderna á física solar: os congresos que marcarán a semana da eclipse na Coruña

A cidade reunirá durante catro días a investigadores de referencia internacional para abordar as grandes incógnitas do universo e os últimos avances da estrela