Martes 23 Abril 2024

Comezar a fumar cedo aumenta a mortalidade un 4% por ano

Un estudo revela graves consecuencias sobre todo para os que se inician no tabaquismo antes dos 16 anos

Unha persoa que comezou a fumar aos 12 anos ten máis risco de sufrir unha enfermidade cardiovascular e de mortalidade que unha que o fixera a partir dos 18. En Europa os mozos inícianse no hábito aos 16,6 anos de media. Os fumadores teñen o dobre de risco de enfermidade coronaria e ictus respecto a os non fumadores.

Así conclúe un estudo liderado por científicos do Instituto Hospital do Mar de Investigacións Médicas (IMIM) publicado na revista Preventive Medicine.

Publicidade

O traballo, liderado por Roberto Elosua e Jaume Marrugat, do IMIM, e Albert Clarà, do Hospital do Mar, seguiu durante máis de 7 anos a un grupo de 4.499 persoas adultas, con idades entre os 25 e os 79 anos. Analizouse se durante este período desenvolveron unha enfermidade cardiovascular ou morreron por este ou outro motivo.

Segundo os datos, durante este período morreron 361 persoas e 210 presentaron unha enfermidade cardiovascular, como un infarto de miocardio, anxina de peito ou ictus cerebral. Como destaca Elosua, último asinante do estudo, “por cada ano de precocidade no inicio do consumo de tabaco, o risco de mortalidade increméntase un 4 %. É dicir, unha persoa adulta que empezou a fumar aos 12 anos ten un 4% máis de probabilidades  de morrer nos próximos 7 anos que unha persoa que empezou a fumar aos 13, e esta, un 4 % máis de risco que outra que empezou a fumar aos 14″.

Albert Clarà explica que “este exceso de risco é especialmente importante naquelas persoas que empezaron a fumar antes dos 12 anos, e afecta sobre todo ao risco de presentar enfermidades cardiovasculares”.

“Unha persoa que empezou a fumar aos 12 anos ten un 4% máis de PROBABILIDADES de morrer nos próximos 7 anos que unha persoa que empezou a fumar aos 13”

Os investigadores cren que o sistema cardiovascular é especialmente sensible para os efectos tóxicos do tabaco nestas idades.

Os datos do estudo reforzan a idea de que hai que evitar que os máis novos comecen a fumar. Jaume Marrugat destaca “a importancia de seguir loitando contra o consumo de tabaco, especialmente ás idades temperás da vida”.

De feito, dous de cada tres fumadores en Europa inícianse no hábito antes dos 18 anos, cunha idade media de 16,6 anos. En España, a idade media de inicio de consumo de tabaco é máis baixa, aos 14,6 anos.

Ademais, aproximadamente o 9 % da poboación entre 14 e 18 anos fuma. Os fumadores teñen o dobre de risco de enfermidade coronaria e ictus respecto a os non fumadores. Este risco é aínda máis grande nos casos de ateroesclerose nas pernas. Tamén é un factor de risco noutras patoloxías, como a nefropatía, isquemia intestinal, disección aórtica e cancro. Ademais, o inicio precoz do consumo de tabaco está asociado a desordes psiquiátricas, asma, cancro de pulmón e outras graves doenzas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un tratamento da USC para deixar de fumar logra a abstinencia do 77% de participantes

O estudo demostra que o uso de recursos tecnolóxicos, como as videochamadas e aplicacións móbiles, son efectivos para abandonar o tabaco

Os casos de cancro de próstata duplicaranse en 2040

Un informe publicado na revista 'The Lancet' estima que en menos de dúas décadas haberá 2,9 millóns de pacientes con este tumor

“Con suficiente investigación, a maioría dos cancros poderanse tratar na década de 2040”

Jesús Sánchez, responsable de proxectos na Fundación CRIS, asegura que as terapias CAR-T foron unha revolución no tratamento dos tumores do sangue

Identificada unha proteína clave na recuperación tralo ictus

En España, unha persona sofre un accidente cerebrovascular cada seis minutos