Alumnos das Aulas Tecnópole lanzan un globo estratosférico

O acto inaugura a colaboración en divulgación científica entre o Consello Social e o Parque Tecnolóxico de Galicia

O Consello Social da Universidade de Vigo e o Parque Tecnolóxico de Galicia (Tecnopole) inician unha nova liña de colaboración para levar a cabo iniciativas conxuntas de divulgación científica entre as e os máis novos e para trasladar á sociedade no seu conxunto o valor da ciencia, o coñecemento e a innovación. A posta en marcha desta alianza escenificouse este xoves co lanzamento dun globo estratosférico por parte de alumnado das Aulas Tecnópole.

Ao acto asistiron Ernesto Pedrosa, presidente do Consello Social da Universidade de Vigo; Patricia Argerey, directora da Axencia Galega de Innovación, e Ricardo Capilla, director xerente do Parque Tecnolóxico de Galicia.

Publicidade

O globo elevándose no ceo.
Segundo explican desde o Consello Social, esta nova liña de colaboración busca explorar e aproveitar as sinerxías entre as entidades implicadas nun ámbito no que comparten misión: achegar a ciencia e a tecnoloxía ás e aos máis novos para incentivar habilidades e fomentar vocacións nestes campos, ademais de promover a ciencia, o coñecemento e a comunicación entre estudantes. O presidente do Consello Social cualificou esta iniciativa como “unha excelente oportunidade, con un excelente aliado, para formar mozos excelentes”. Ernesto Pedrosa agradeceu a Ricardo Capilla a súa “intelixente actividade” cas e cos estudantes e sinalou que “únennos os mozos e únenos a ciencia, temos unha militancia coñecida nesta causa e dende hoxe verémola medrar significativamente”.

Funcións de sonda meteorolóxica

O punto de partida desta colaboración púxose na tarde do xoves no Parque Tecnolóxico de Galicia, coincidindo co último día de curso das Aulas Tecnópole, un programa de capacitación de escolares en habilidades innovadoras da entidade que lle dá nome.
Os alumnos e alumnas destas aulas explicaron aos representantes institucionais o traballo realizado e completaron un reto científico-tecnolóxico que consistiu no lanzamento dun globo equipado á estratosfera, efectuando dende ese momento labores de rastreado e monotorización de datos.
O globo, lanzado desde a explanada diante do Edificio CEI, estaba previsto que chegara á estratosfera, a capa da atmosfera que se estende entre os 10 e os 50 quilómetros desde a cortiza terrestre, nun tempo estimado de dúas horas para facer as funcións dunha sonda meteorolóxica, para recoller imaxes e datos de temperatura, presión e outros parámetros. Tras cumprir o seu obxectivo está previsto que retorne á superficie terrestre ata un punto estimado mediante predicións de caída e que se recolla para extraer toda a información que recadou e coa que as e os estudantes traballarán posteriormente.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Unha masa de aire africano trae temperaturas por enriba dos 30 graos en Galicia a partir do xoves

O fenómeno elevará as máximas ata 37ºC en Ourense e deixará valores próximos aos 30ºC en boa parte do territorio, con aviso amarelo no interior

A eclipse total de Sol xa está aquí: a guía definitiva sobre a cita astronómica do ano en Galicia

O territorio será protagonista máis dun século despois do último fenómeno, coa Coruña e Lugo na totalidade e as nubes como principal incógnita para a observación

A volta das lapas

As consecuencias dos incendios do verán de 2025 e o primeiro gran lume de 2026. Por Andrea Veiga

A falta de retención dos solos tras os incendios de 2025 agravou as riadas de Ourense

O edafólogo Agustín Merino vincula as escorreduras do 17 de xuño coa escasa revexetación durante o inverno e a ausencia de actuacións de restauración