Crean unha ferramenta que predí a eficiencia económica pesqueira

O modelo realizado por investigadores da USC e do IEO baséase en datos como a estimación de capturas e os ingresos e custos dos pescadores

Científicos da USC e do Instituto Español de Oceanografía (IEO), en colaboración coa Organización de Produtores de pesca fresca do porto e ría de Marín, acaban de desenvolver un modelo espacial de eficiencia económica para predicir as solucións máis rendibles ante diferentes escenarios de xestión. O traballo, realizado no marco do proxecto  LIFE iSEAS e publicado na revista Marine  Policy, utiliza un modelo matemático que ten en conta a estimación de capturas por caladoiro, os ingresos e os custos da actividade pesqueira —tales como o consumo de combustible, os salarios e outros—, para crear unha ferramenta que permite obter as solucións máis eficientes en termos de rendibilidade.

En Europa estableceuse de forma recente a obrigación de desembarcar todas as capturas; con todo, esta medida ocasiona a necesidade dun maior tempo de procesamento a bordo e un incremento dos custos asociados á xestión dos descartes por parte dos pescadores. “A actividade pesqueira é unha actividade comercial e por iso a perspectiva económica non pode ser ignorada á hora de identificar solucións na xestión dos recursos pesqueiros, xa que para os pescadores a viabilidade económica é un elemento chave para cumprir a normativa pesqueira”, explican os investigadores

Publicidade

Esta nova ferramenta simula diferentes escenarios de xestión e distintas medidas que os pescadores poderían adoptar fronte á obrigación de desembarco imposta á frota europea, alén de mostrar como o incremento do tamaño da tripulación ou unha selección eficiente da zona de pesca serían solucións economicamente máis acaídas que mellorar a eficiencia do buque ou incrementar a duración da marea. Gonzalo Rodriguez Rodriguez e Hugo M. Ballesteros, pertencentes ao Departamento de Economía Aplicada, son os dous asinantes do artigo procedentes da USC.

“Esta ferramenta pode resultar de interese tanto para pescadores, que poden utilizala para realizar predicións a curto prazo para elixir as mellores zonas de pesca, en función das capturas obtidas en días anteriores, como para xestores, que poden simular os resultados máis probables de cambios lexislativos na política pesqueira”, continúa o equipo investigador.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O ‘cameo’ histórico de Castelao: as imaxes do rianxeiro no filme de ficción máis antigo de Galicia viaxan a Italia

O galego interpreta un pequeno papel como pastor protestante en ‘Miss Ledyia’, a película de 1916 que será proxectada no festival de cine mudo de Pordenone

Detrás do ‘biotech’ galego

Unha xornalista de GCiencia viaxa a Bilbao con motivo de BioSpain 2026. Por Andrea Veiga

Así é ImageDataSpace, a rede galega de imaxes médicas para acelerar a investigación e o diagnóstico

A iniciativa conecta centros, universidades e profesionais sanitarios para desenvolver novos algoritmos baseados en IA en cardioloxía, anatomía patolóxica e oftalmoloxía

Galicia presenta no Parlamento Europeo unha ferramenta pioneira para avaliar o uso do galego na IA

O Proxecto Nós, impulsado pola USC, amosa os resultados iniciais de “Arena Nós”, que analiza como os grandes modelos comprenden, xeran e representan a lingua