O investigador da USC Daniel Marcos consegue unha das prestixiosas bolsas Fulbright

O científico do CiQUS recibe unha das sete axudas que se entregan a nivel nacional e realizará unha estadía de seis meses na Universidade de California

O estudante de doutoramento do Centro de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares (CiQUS) da Universidade de Santiago de Compostela (USC) Daniel Marcos acaba de recibir a prestixiosa bolsa Fulbright para investigar en centros de Estados Unidos. O científico, que está a realizar a súa tese no grupo de José Luis Mascareñas, é un dos escollidos no programa xeral, que tan só entrega sete bolsas a nivel nacional. Un dos requisitos para optar a estas axudas é unha carta de invitación da universidade de destino. Neste caso, Marcos realizará a súa estadía na Universidade de California, en Berkeley. Máis concretamente no grupo do químico John Hartwig.

De feito, o director do seu futuro equipo é toda unha eminencia no campo da química. Hartwig é químico organometálico coñecido por axudar a desenvolver a animación Buchwald-Hartwig, unha reacción química empregada na química orgánica para a síntese de enlaces carbono-nitróxeno a través de acoplar de maneira cruzada aminas con haluros de arilo catalizadas por paladio. Foi premiado en varias ocasións polas súas investigacións e, de feito, é un dos científicos máis influíntes no ámbito da química e candidato ao Nobel.

Publicidade

Bolsas moi competitivas

De concorrencia competitiva, as bosas para investigación predoutoral Fulbright son un total de 15 bolsas nacionais que se distribúen tres programas: 5 bolsas específicas para estudantes de universidades de Andalucía, financiadas pola Junta de Andalucía; 3 bolsas específicas para doutorandos das universidades de Murcia e financiadas polo goberno da Región de Murcia; e 7 bolsas do programa xeral abertas a calquera doutorando de universidade española. O obxectivo principal da bolsa é realizar investigación predoutoral en universidades e centros de investigación de Estados Unidos en calquera disciplina e durante un período de entre 6 e 12 meses. Daniel Marcos conseguiu unha das 7 bolsas a nivel nacional do programa xeral e a súa estadía na Univerisade de California durará 6 meses.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O CiQUS demostra que os de ciclos luz e escuridade guían a evolución estable de nanomateriais

O traballo liderado polo investigador Javier Montenegro permite guiar a organización de sistemas moleculares dinámicos cara a estruturas máis robustas

O 9% dos afogamentos en Galicia corresponden a intentos de suicidio

Un estudo da USC e da UVigo conclúe que o maior número de casos se produce nos maiores de 65 anos, en contornas rurais e sen testemuñas

A riqueza baixo os carballos: un estudo pioneiro con participación da USC revela a súa diversidade fúnxica

A investigación identifica 297 especies asociadas ás raíces destas árbores no norte peninsular e confirma a existencia de extensas redes biolóxicas

Un estudo da USC valida novos sistemas para eliminar contaminantes emerxentes nas augas residuais

A tese de Matías Rivadulla demostrou que algúns métodos innovadores permitiron eliminar máis do 90% dalgúns compostos farmacéuticos