Sábado 27 Abril 2024

Lixo espacial sobre a túa cabeza? Esta aplicación permite detectalo en tempo real

Un mapa interactivo permite observar satélites e residuos que orbitan arredor da Terra e a súa traxectoria

Unha ferramenta deseñada pola empresa estadounidense Esri e baseada en tecnoloxía ArcGIS, software que combina mapas e análises de datos xeoespaciais para ofrecer intelixencia de ubicación, mostra a través dunha simulación satelital o lixo espacial que está a vagar arredor do noso planeta en tempo real.

Pois o certo é que contamos con cantidades enormes de residuos que vagan moi preto da Terra e que debido ao cambio climático e aos seus efectos nocivos sobre as capas máis altas da atmosfera, estas acumulacións son cada vez maiores e máis habituais no espazo. Segundo indican datos achegados pola NASA, no ano 2021 arredor do noso planeta había máis de 20.000 fragmentos de residuos dun tamaño maior ao dunha pelota de béisbol.

Publicidade

Elementos sobrevoando o ceo de Galicia e de parte da península.

Como explicou recentemente en GCiencia o físico Juan Antonio Añel, este lixo adoita destruírse ao entrar nas capas superiores da atmosfera, incinerándose, dada a súa velocidade, antes de chegar a terra. Mais, nos últimos anos, estas capas altas da atmosfera están a contraerse, principalmente, polas emisións de gases de efecto invernadoiro, polo que o lixo tarda en destruírse. Ante esta problemática, xurde esta simulación web de libre acceso, desenvolvida polo Laboratorio de Prototipos de Aplicacións de Esri en Redlands, California, que pretende levar aos seus usuarios por unha viaxe de narración visual inmersiva, como é neste caso a simulación do lixo no espazo, así como os propios satélites.

Navegar entre satélites

A aplicación de Esri permite ao usuario entrar nunha simulación da Terra e dos satélites e lixo espacial que a rodea en tempo real. Ten cargados en total ata 19.097 satélites, representados por pequenos puntos brancos que se sitúan sobre a escuridade do espazo e que se van desprazando imitando a traxectoria real.

Esta ferramenta foi construída usando tecnoloxías como API de ArcGIS, Bootstrap de Twitter Inc. ou fontes de Google como Orbitron e Oswald. Unha vez dentro da simulación, o usuario pode ampliar e diminuír o mapa para navegar polo espazo e coñecer así os distintos satélites e os residuos que aínda seguen orbitando arredor da Terra.

https://twitter.com/aetherlux/status/1534149113100525570?s=20&t=IPTMbMA5LSzHwFwg-IjW9w

Ao premer sobre un dos puntos, aparece á esquerda do mapa toda a información sobre o satélite, como o seu nome, o país de procedencia, a inclinación ou a data do seu lanzamento; así como a súa órbita. Por exemplo, á altura da costa galega, atravesou o espazo o Fengyun 1C DEB, procedente dun lanzamento espacial realizado o 5 de outubro de 1999, dende a China, e que aínda segue orbitando arredor do noso planeta.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un xigantesco mapa 3D dá a medida máis precisa da expansión do universo

O instrumento DESI cartografa galaxias e cuásares e mide a velocidade de crecemento do cosmos hai entre 8.000 e 11.000 millóns de anos

Científicos galegos afondarán na conformación do Universo nun experimento con neutrinos

O IGFAE participará no deseño dun detector que interceptará feixes destas partículas para intentar explicar a asimetría entre materia a antimateria

Un novo exoplaneta desafía as teorías clásicas de formación planetaria

Un equipo de astronónomos descobre LHS 3154b, cunha masa similar a Neptuno, orbitando preto dunha estrela anana de moi baixa masa

O galego aos mandos da dinámica orbital da NASA: “O espazo parecíame ciencia ficción”

Andrés Dono entrou na administración espacial americana con 24 anos para facer unhas prácticas. Unha década despois lidera o equipo que deseña a traxectoria dos satélites