Unha tese da UDC desenvolve un método novo para evitar que o aceiro se oxide

A investigación de David Barreiro no CITENI permitirá garantir a calidade e a duración do material reducindo custos en industrias como a do automóbil

 A industria do aceiro enfróntase ao reto continuo de asegurar a calidade dos seus produtos, especialmente para protexelos da corrosión. Un dos métodos máis eficaces para conseguilo é a galvanización, un proceso que implica recubrir o aceiro con zinc para evitar que se oxide. As liñas de produción industrial traballan a unha velocidade controlada para evitar defectos durante o proceso, como variacións no espesor do recubrimento do aceiro que poderían afectar á súa duración e eficacia.

Neste contexto desenvólvese a investigación de David Barreiro, do Grupo Integrado de Enxeñaría (GII) do Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais (CITENI, pertencente á UDC), que presentará a súa tese de doutoramento o vindeiro venres 25 de outubro, dirixida por Anne Gosset e Marcos Lema, investigadores no mesmo grupo.

Publicidade

O seu traballo propón un método novo para mellorar os recubrimentos en procesos de galvanización, presentando avances na comprensión da interacción entre o chorro de gas e a película de zinc fundido, claves para mellorar a calidade do aceiro galvanizado.

Achegándose á realidade

A técnica de galvanización máis utilizada denomínase “escorrido por chorro” e consiste en proxectar aire a alta velocidade sobre o recubrimento de zinc líquido aplicado ao aceiro. Este proceso é esencial para regular o espesor do recubrimento e garantir a calidade do aceiro galvanizado.

Publicidade

Como simular un proceso real supón un importante custo de computación, Barreiro utiliza números adimensionais, que son cantidades sen unidades físicas os cales axudan a comparar diferentes condicións e a entender como as forzas afectan o comportamento da película líquida.

O estudo  analiza como se xeran os defectos no recubrimento de zinc en condicións que non se exploraron antes, pero que son máis próximas á realidade. Grazas a este novo enfoque, as simulacións lograron imitar o comportamento da película líquida de zinc empregando auga, con maior turbulencia e tensión superficial que en investigacións anteriores, xa que son parámetros que afectan significativamente á estabilidade do proceso. Finalmente, extrapola os resultados para recrear situacións moi similares ás que se dan nun contexto cotián.

Este avance ten un gran potencial para a industria do aceiro, porque ao optimizar o espesor do recubrimento de zinc, garántense a calidade e a duración do aceiro galvanizado. É un aspecto particularmente importante nos produtos destinados á industria do automóbil, por exemplo, xa que a ausencia de defectos permite reducir o espesor da capa de pintura botada despois, e así reducir os custos. Grazas á capacidade de aplicar os resultados das simulacións a situacións reais, as empresas poden mellorar directamente a súa produción.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un estudo arqueolóxico revela o papel esencial das mulleres na construción histórica do rural galego

A investigación pon de manifesto a importancia do traballo produtivo, doméstico e de coidados, así como o papel na transmisión de saberes

Unha investigación galega afonda no dó dos arroaces: que fan as nais cando morre unha cría?

Unha análise da CEMMA documenta os comportamentos das femias e identifica nos cachorros falecidos marcas asociadas ao seu acompañamento

Setembro pecha con sete mortes por afogamento en Galicia

É a cuarta comunidade autónoma con máis falecementos, só superada por Canarias, Cataluña e Andalucía

Galicia, a segunda comunidade con maior taxa de mortes atribuíbles ao consumo de alcol

O último informe do ISCIII rexistra 40 casos por cada 100.000 habitantes entre 2010 e 2021, nun podio que lidera xunto a Asturias e Ceuta e Melilla