“Os implantes óseos de impresión 3D abren a posibilidade de formar novo tecido a longo prazo”

A investigadora da USC Ana Iglesias Mejuto obtén o premio á mellor tesis doutoral en polímeros polo seu traballo sobre aeroxeles para medicina rexenarativa

Biomateriais, tecnoloxía, saúde. A medicina rexenerativa dá os seus primeiros pasos no presente pero, sen dúbida, é o futuro. E a este futuro diríxese Ana Iglesias Mejuto, investigadora do iMatus-USC que acaba de obter o  primeiro Premio GEP á Mellor tese doutoral en polímeros 2024 polo seu traballo Desenvolvemento de formulacións baseadas en aero-xeles para medicina rexenarativa.

A tese estivo dirixida e supervisada por Carlos Alberto García González, do AerogelsLab-USC, e Inés Ardao Palacios, de Biofarma-Cimus, e centrouse no emprego de tecnoloxías de impresión 3D e fluídos hipercríticos para desenvolver biomateriais nanoestruturados para aplicacións de enxeñería de tecidos óseos

Publicidade

Hoxe en día o itinerario científico de Ana Iglesias continúa grazas a unha bolsa postdoutoral da Xunta de Galicia, unha das 27 obtidas por investigadores da USC e a única concedida a unha do iMatus-USC. Neste camiño conta coa axuda e guía de Anna Laromaine Sagué (ICMAB-CSIC).

–Que supón obter o primeiro Premio GEP á  mellor tese doutoral? Que ten de pulo para a súa liña de investigación?

Publicidade

–É un recoñecemento moi importante, xa que valora o traballo desenvolvido durante anos de investigación. Supón ademais un gran aliciente para a continuación do traballo nesta área, xa que o premio ven dado polo Grupo Especial de Polímeros da Real Sociedade Española de Química e da Real Sociedade Española de Física.

–Que lle levou a interesarse pola biotecnoloxía e a súa aplicación nos tecidos óseos?

–A enxeñaría de tecidos é unha área cun grande potencial que se está a desenvolver moito nos últimos anos, sendo o tecido óseo un dos que desperta maior interese por ser dos máis transplantados. Ademais, sempre me interesaron os novos materiais capaces de emular características tisulares naturais.

–Que claves definen o seu traballo de investigación?

–A miña investigación predoutoral centrouse na impresión 3D de aeroxeles, un biomaterial que ten o marca Guinness por ser o material máis lixeiro. Foi un traballo que me motivou a continuar ca investigación na área da bioimpresión, con máis vantaxes e de enorme relevancia na actualidade.

–Que retos teñen por diante?

–Un dos retos sería incrementar a fidelidade ca que somos capaces de imprimir a estes novos materiais sen perder as súas características físico-químicas, así como cargalos con biomoléculas de interese no tratamento das enfermidades óseas.

–Que vantaxes ten o uso de aeroxeles impresos en 3D na c2 ósea –a segunda vértebra cervical, o axis–fronte a outros procedementos: células nai, terapia xénica, enxeñería de tecidos?

–Os aeroxeles son materiais porosos e nanoestruturados que conseguimos fabricar á medida cunha elevada precisión mediante a tecnoloxía da impresión 3D. Isto fai que os implantes óseos resultantes presenten vantaxes importantes, como unha alta similitude físico-química co óso e tamén a posibilidade de promover a formación de novo tecido a longo prazo.

–Canto de preto ou lonxe está a aplicación desta biotecnoloxía nas persoas?

–A metodoloxía estase a desenvolver e a avanzar día a día. Estanse a levar a cabo ensaios in vivo con resultados prometedores que nos alentan a continuar a investigación nesta área.

–É a medicina rexenerativa o futuro? Ata que punto xa é presente?

–A medicina rexenerativa está a avanzar moito nos últimos anos. Hai moitos grupos deinvestigación como o I+D Farma do iMatus-USC ou o Nanoparticles and Nanocomposites do ICMAB-CSIC ós que pertenzo, que traballan nesta área precisamente pola necesidade que hai de novas terapias e de estratexias de biofabricación.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Identificados novos factores xenéticos da fatiga persistente tras a radioterapia por cancro de próstata

Un estudo publicado en 'Nature Communications' e con participación galega descobre unha variante no xene ACTR3 asociada a un risco tres veces maior de desenvolver a sintomatoloxía despois do tratamento

A física Yolanda Prezado, premio Wonenburger 2026 polos seus estudos en radioterapia

A Unidade de Muller e Ciencia da Xunta concede por unanimidade o galardón á investigadora galega, considerada unha referencia europea en protonterapia

Radiografía do piropo galego: da sedución á complicidade a través do humor

A investigadora Estela Fidalgo realizou un estudo con 100 persoas para coñecer como mudan as estratexias comunicativas nas relacións afectivo-sexuais

GCiencia lanza a décima edición dos premios Galicia Spin-Off

Os galardóns recoñerán un ano máis a empresas innovadoras xurdidas das universidades e a un grupo de investigación