Un equipo de Vigo acha un biomarcador dunha doenza muscular que pode ser letal

Un equipo médico avanza no tratamento dunha enfermidade inflamatoria que debilita de forma rápida e progresiva os doentes

Un equipo de facultativos e residentes da Área Sanitaria de Vigo vén de publicar un traballo no que descobren un biomarcador para a miopatía necrotizante inmunomediada (MNIM), unha enfermidade inflamatoria que afecta os músculos, debilitándoos de maneira rápida e progresiva e que pode derivar na morte da persoa que a padece.

A investigación determina que unha excesiva presenza da molécula MHC de Clase 1 (MHC-1) en biopsias realizadas a tecidos de pacientes coa enfermidade pode ser interpretada como un biomarcador de prognóstico da miopatía necrotizante inmunomediada. Isto, segundo reflicte o estudo, facilitaría “unha intervención temperá e dirixida que podería modificar o curso desta enfermidade”.

Publicidade

Firmado por residentes de segundo ano da Área de Vigo

O traballo, titulado TO-05 Miopatía Necrotizante y Complejo Mayor de Histocompatibilidad: una puerta a la medicina de precisión, está asinado polos doutores Xoel Otero Dávila, Silvia Dopazo Sotillo e Juan José Vázquez Castro. Todos son residentes de segundo ano da Área Sanitaria de Vigo. O traballo estivo supervisado polas doutoras Marina Ávila Núñez e Ana Argibay e o doutor Julián Fernández Martín. Ademáis, tamén formou parte da investigación a doutora Beatriz Sanmillán do Servizo de Anatomía Patolóxica.

A publicación baséase nun traballo desenvolvido a partir dun estudo retrospectivo realizado en Vigo entre 2018 e 2024 sobre 11 pacientes —6 mulleres e 5 homes— con miopatía necrotizante inmunomediada, avaliándose múltiples variables, incluíndo epidemioloxía, probas complementarias e terapias para determinar a súa relación con mal prognóstico.

Publicidade

Primeiro premio

O xurado da Sociedade Española de Medicina Interna (SEMI) outorgou o primeiro premio ao mellor abstract a esta investigación durante a celebración da XVII Reunión do Grupo de Enfermidades Autoinmunes Sistémicas que recentemente foi celebrado en Málaga. O xurado destacou o estudo por “abrir o paso ao tratamento desta doenza dende un enfoque da medicina de precisión“.

Así mesmo, un dos autores deste traballo, o doutor Xoel Otero, indica que é “un primeiro paso para tratar de demostrar esta hipótese na que continuaremos traballando e aumentado a actual base de datos de pacientes”. Actualmente, son un total de 12 persoas con esta patoloxía na Área Sanitaria de Vigo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Vigo, entre as 20 cidades europeas con máis alertas de po sahariano de 2026

Un novo informe de Copernicus contabiliza nove xornadas con avisos no enclave galego, na súa maioría de intensidade moderada-alta

Volven as G-Night: máis de 150 actividades científicas nas rúas das sete cidades galegas

Máis de 500 investigadores achegar experimentos, obradoiros e demostracións a públicos de todas as idades o 25 de setembro

Vigo rexistra as maiores concentracións de “contaminantes eternos” da costa atlántica peninsular

Un estudo do IEO-CSIC analiza a presenza de PFAS en mostras de moluscos recollidos dende Francia ata o Golfo de Cádiz

De Vigo a Xapón para estudar novas estratexias naturais contra as mareas vermellas

A investigadora Rocío Blanca Sújar explora o potencial das macroalgas no control tóxico das proliferacións de algas nocivas