Un congreso matemático rende homenaxe ao catedrático Juan José Nieto

Recoñecidos especialistas en análise non linear e problemas de contorno de 25 países daranse cita dende este martes 4 e ata o día 7 na Facultade de Matemáticas na International Conference in Nonlinear Analysis and Boundary Value Problems 2018. O encontro, está organizado polo Grupo de Ecuacións Diferenciais Non Lineares da USC e coordinado polo catedrático Alberto Cabada Fernández, o congreso dará conta dos últimos avances nun campo fundamental para o estudo da modelización matemática de fenómenos que xorden na natureza dentro de ámbitos como a física, a medicina ou a bioloxía.

O programa científico xirará en torno a catro conferencias plenarias e 12 semiplenarias. O resto dispóñense entre conferencias convidadas nas distintas sesións especiais do congreso e contribucións curtas.

O evento dedícaselle, polo seu 60 aniversario, ao catedrático de Análise Matemática na USC desde 1991 Juan José Nieto Roig, un dos matemáticos máis citados no mundo segundo Web of Knowledge e que aparece na lista de Highly Cited Researchers de Thompson Reuters. As súas contribucións máis influentes ata a data se atopan na área das ecuacións diferenciais. 

Juan José Nieto

Licenciado en Matemáticas na Universidade compostelá en 1980, Juan José Nieto obtivo unha bolsa Fulbright e trasladouse á Universidade de Texas en Arlington, onde traballou co profesor V. Lakshmikantham. Tres anos máis tarde doutorouse en Matemáticas na USC baixo a dirección do catedrático Gerardo Rodríguez López. As súas liñas de investigación céntranse fundamentalmente no cálculo fraccionario, as ecuacións difusas e os modelos epidemiolóxicos.

Ocupou diferentes cargos na Universidade de Santiago de Compostela, entre eles o de decano da Facultade de Matemáticas e director do Instituto de Matemáticas. Actualmente é editor de numerosas revistas Fixed Point Theory ou International Journal of Biomathematics, destacando os postos de Division Editor do Journal of Mathematical Analysis and Application e de editor asociado de Fractional Calculus and Applied Analysis e do Journal of the Franklin Institute. É tamén membro da Real Academia Galega de Ciencias.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un cento de persoas participan na Domus nun congreso científico para estudantes

Os catro gañadores do evento poderán gozar dunha estancia de dúas semanas xunto a grupos de investigación da UDC

“A oncoloxía de precisión detecta mutacións tratables en moitos cancros de pulmón”

Este xoves arrinca o V Simposio Nacional de Oncoloxía de Precisión. Entrevistamos a un dos seus coordinadores científicos, Sergio Vázquez Estévez

O catedrático da USC, Juan José Nieto, galardoado co Premio Conde de Cartagena

O recoñecemento en investigación traslacional, concedido pola Real Academia Nacional de Medicina,débese ao seu traballo sobre a loita contra a Covid-19 e futuras epidemias

Estes son os investigadores de USC e UVigo entre os máis citados do mundo

Juan José Nieto, Álvaro Goyanes, Jianbo Xiao e Francisco J. Barba repiten na listaxe anual que elabora Clarivate