O matemático Juan José Nieto Roig entra na Academia Galega de Ciencias

O matemático Juán José Nieto Roig xa é novo membro de número da Real Academia Galega de Ciencias. Tras do seu discurso de ingreso, titulado Matemáticas para a Complexidade, recibiu os distintivos da súa nova condición, o Diploma, de mans do Reitor da USC, e a Medalla, que lle foi imposta polo Presidente da RAGC. Ao acto, que estivo moi concorrido, asistiron, entre outras autoridades, os Reitores das Universidades de Santiago e A Coruña. A sesión foi clausurada polo Presidente da Academia, Miguel Ángel Ríos, quen resaltou o papel fundamental das matemáticas na formación dos centíficos do século XXI.

Juan José Nieto (A Coruña, 1958) é catedrático da área de Análise Matemática desde 1991. Cunha experiencia docente de máis de 35 anos, na actualidade dirixe o grupo de investigación sobre Ecuacións Diferenciais non Lineais da USC e é, segundo a ISI Web of Knowledge, o terceiro investigador máis citado a nivel mundial no campo das matemáticas.

Publicidade

Cunha nova incorporación, a RAGC continúa o seu proceso de impulso e renovación

A partir das súas máis de 300 publicacións científicas conta xa con máis de 11.000 citas. Foi bolseiro Fulbright en Estados Unidos e profesor visitante na Universidade de Texas. Exerceu como vicedecano e decano en funcións da Facultade de Matemáticas da USC nos anos 1989 e 1990. No período 2002-2010, foi director do Instituto de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela e, desde o ano 2007, é o coordinador científico do nodo en Galicia do Instituto Español de Matemáticas.

Coordinador do Máster en Matemáticas da USC entre 2009 e 2014, dirixiu seis teses doutorais e na actualidade atópase dirixindo dúas máis.Entre 2009 e 2012 exerceu como editor-xefe da revista Nonlinear Analysis: Real World Applications, que naquela etapa ocupaba a posición 7 entre un total de 247 revistas na súa categoría. Na actualidade, colabora como editor en varias revistas científicas de alto impacto a nivel internacional. Ten sido avaliador ou asesor para distintas organizacións españolas (ANECA, ANEP, ACSUG, etc.) e internacionais, como a National Science Foundation (Estados Unidos) e outras europeas e doutros países (Chile, Xeorxia, Australia e Portugal, entre outros.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O Día da Ciencia en Galicia homenaxea a oceanógrafa Aida Fernández Ríos

No acto, organizado pola Real Academia Galega de Ciencias, entregáronse as Medallas de Investigación a cinco referentes galegos de diferentes áreas de coñecemento

O novo acordo lingüístico permitirá impartir Matemáticas, Tecnoloxías e Física e Química en galego

Os centros educativos poderán decidir a repartición das materias na ESO, respectando o equilibrio do 50% entre os dous idiomas

Aprendizaxe mecánica, falta de recursos e presión familiar: as claves da caída galega no informe PISA

A profesora da UDC Montserrat Castro considera que as metodoloxías empregadas fomentan unha lectura instrumentalista en vez dunha comprensiva

Matemáticos de Santiago e Lausana resolven un problema de xeometría aberto dende hai 60 anos

Dous investigadores acaban de construír as primeiras ‘xeometrías de Einstein’ non homoxéneas sobre un dos espazos máis fundamentais das matemáticas, os espazos proxectivos complexos