Sábado 20 Abril 2024

Os matemáticos da USC Rosana Rodríguez e Juan José Nieto, entre os máis citados do mundo

Os profesores da USC e matemáticos Juan José Nieto Roig e Rosana Rodríguez López mantéñense no listado do persoal científico máis influente e altamente citado que elabora Clarivate Analytics. Esta relación de persoal investigador é unha lista anual que recoñece aos/as máis destacados/as no ámbito das Ciencias e as Ciencias Sociais de todo o mundo. A última actualización dispoñible contén arredor de 3.400 persoas agrupados en 21 campos temáticos, para cuxa elaboración se tomou como referencia os artigos publicados en revistas indexadas en Web os Science Core Collection no período 2005-2015. Clarivate Analytics considera como documentos altamente citados aqueles que se sitúan no 1% dos que máis referencias rexistran por campo temático e ano de publicación na Web of Science e de acordo co Essential Science Indicators.

Tanto Juan J. Nieto como Rosana Rodríguez forman parte do mesmo grupo de investigación da Facultade de Matemáticas sobre ecuacións diferenciais non lineares. O ámbito de traballo investigador, aínda que de carácter básico, potencialmente posúe utilidade práctica aplicado ao estudo de diversos temas da física, a bioloxía, a epidemioloxía, a medicina ou na bioinformática, co desenvolvemento de algoritmos máis eficientes para a comparación de secuencias xenéticas.

Publicidade

Os dous son profesores do departamento de Análise Matemática

O profesor Juan José Nieto Roig (A Coruña, 1958) é catedrático de Análise Matemática e coordinador do grupo de investigación. Coordinou ou participou en máis de vinte proxectos de ámbito europeo, nacional e autonómico e é autor ou coautor de máis de 300 artigos de investigación publicados en revistas internacionais que acumulan máis de 11.000 citas. Xa citado con anterioridade na listaxe dos científicos altamente citados no eido das Matemáticas, nas edicións de 2014, 2015 e 2016 segundo datos do ISI Web of Knowledge era o terceiro investigador máis citado a nivel mundial no campo das matemáticas.

Pola súa banda, Rosana Rodríguez López, tamén profesora do Departamento de Análise Matemática, Estatística e Optimización, acumula, segundo os propios datos xestionados por Thomson-Reuters, un total de 40 artigos con alto grao de citación no período de análise. En total, entre 2004 e 2014 sumaría preto de 2.000 citacións, cunha media por artigo próximo ao medio centenar de referencias.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un neno maltratado ten tres veces máis risco de desenvolver unha adicción de adulto

O estudo dunha investigadora da Universidade de Queensland analiza as consecuencias do maltrato infantil a longo prazo

A ciencia confirma que as apertas alivian a dor, a ansiedade e a depresión

Un equipo internacional analiza os beneficios do contacto físico nas persoas a partir da revisión de 212 estudos

A historia da primeira industria galega que empregou a máquina de vapor

Un estudo da USC analiza ‘La Victoria’, a descoñecida fábrica de fundición e louza da Coruña creada en 1844

Un equipo de atlanTTic deseña antenas innovadoras para satélites xeoestacionarios

O proxecto da UVigo busca unha redución na masa e o volume da tecnoloxía, así como diminuír os custos