Un sismo de magnitude 4,9 na costa de Portugal séntese en Galicia

Ás 8.12 desta mañá (7.12 hora portuguesa), un sismo de magnitude 4.9, con epicentro a 130 quilómetros da costa de Peniche, no centro de Portugal, espertou a numerosas persoas na costa oeste da Península. O Instituto Português do Mar e da Atmosfera e o Instituto Geográfico Nacional recibiron bastantes chamadas avisando do tremor, que se chegou a sentir tamén en moitos puntos da costa oeste e do sur de Galicia. 17 minutos despois, ás 8.29, un segundo tremor produciuse cunha magnitude de 3.

Segundo recollen algúns medios portugueses, como Diário de Notícias, o Centro Sismológico Euro-mediterrânico (CSEM) recolleu preto de 40 avisos, sobre todo no norte de Portugal, en localidades como Vila Nova de Gaia, Figueira da Foz, Porto, Viana do Castelo ou Braga, nos que se afirmaba que as ventás, as camas e algúns obxectos tremeran por mor do sismo. Deste xeito, os organismos oficiais clasificaron a intensidade do tremor no nivel III da escala de Mercalli.

Publicidade

En Galicia, o IGN recibiu avisos de localidades como Aldán, Salceda de Caselas, Salvaterra, Tui, As Neves, Nigrán, Baiona, Ribeira, Barro, Poio, Boiro, Gondomar ou Tomiño, cunha intensidade II.

Enxame sísmico entre Viana do Castelo e Braga

O tremor desta madrugada foi o máis forte sentido nas últimas semanas en Portugal, mais non o único. A mediados de agosto, a localidade de Vila Verde, entre Viana do Castelo e Braga, rexistrou preto de 20 sismos, que chegaron a alcanzar magnitude 3,5. Foi por mor dun enxame sísmico, un fenómeno semellante ao que se produciu en maio na zona de Pontecaldelas, en Pontevedra.

Publicidade

Porén, o terremoto que máis se sentiu en Galicia foi o de Taboada, o pasado 21 de agosto, ás 2.28 da madrugada. O IGN recibiu avisos de toda a xeografía galega. O sismo quedou rexistrado cunha magnitude de 3,5 e unha intensidade III-IV.

Relación de lugares onde se sentiu o sismo de Taboada do pasado 21 de agosto. Fonte: IGN.
Relación de lugares onde se sentiu o sismo de Taboada do pasado 21 de agosto. Fonte: IGN.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Dentro do ‘Odón de Buen’, o buque ‘vigués’ que navega cara á nova campaña científica na Antártida

O oceanográfico construído en Galicia participará por primeira vez nas operacións de apertura das bases españolas do polo sur

Galicia facilita o acceso a Lenzetto dende o estranxeiro ante o desabastemento do fármaco para a menopausa

A falta de tratamento indicado para tratar os síntomas da deficiencia de estróxeno tras a menopausa ten outras alternativas financiadas

Que é o efecto Fujiwhara? O fenómeno polo que un tren de borrascas regará Galicia

Unha fronte activa avanzará polo oeste peninsular e deixará choivas que se manterán canto menos ata o xoves

As emisións bioxénicas de CO2 aumentaron o 64% en Galicia dende 1990

Se se contabilizasen nos inventarios oficiais, elevarían nun 20% o balance galego de gases de efecto invernadoiro