O ciclo “Ciencia e cañas” de Vigo aborda a flora insular e a acción humana nas Cíes

O mercado do Berbés, en Vigo, acolle este mércores 5 a segunda charla do ciclo “Ciencia e Cañas” que aborda, desde unha perspectiva divulgativa, o grande interese científico das Illas Cíes. Nesta ocasión será Luis Navarro, profesor do departamento de Ecoloxía e Evolución das Plantas da Universidade de Vigo, o encargado de falar da flora insular das illas e o impacto da acción humana nestes ecosistemas. A charla comezará ás 20.30 horas.

“A vida nas Illas Cíes está condicionada por interaccións raras e peculiares. É fundamental conservalas para asegurar o funcionamento dos ecosistemas”, explican desde Cíes Patrimonio, a entidade que impulsa a candidatura do arquipélago á lista da Unesco, e que está avalada por unha trintena de científicos de diversos eidos.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O festival Pint of Science achega a ciencia aos bares na súa undécima edición

En Vigo celebrarase os días 19, 20 e 21 de maio nos locais El Castro e De Catro a Catro e, por primeira vez, chega Pint Kids

O catálogo ‘Quero ser investigadora’ alcanza a súa 6ª edición con dez historias de científicas da UVigo

O evento inclúe unha guía didáctica, contidos gamificados e unha versión audiolibro que conta cunha versión de lectura fácil

Unha campaña confirma a ocupación do castro das Cíes dende a época castrexa á Idade Media

O estudo levou a cabo dúas sondaxes na zona que confirmaron a presenza dun importante asentamento humano previo á chegada dos romanos

A investigadora do grupo GeoTech Patricia González gaña a Gargallada Científica da UVigo

O vindeiro xoves participará nunha gala final con Quico Cadaval e máis divulgadoras