O verán chega este venres ás 17.54 horas

Unha eclipse parcial de Lúa o 16 de xullo e unha aliñación Xúpiter-Lúa-Saturno, entre os acontecementos astronómicos da estación

Ás 17.54 horas deste venres comezará o verán. Unha estación que, segundo expón o director do Observatorio Astronómico Ramón María Aller, José Ángel Docobo, terá varios puntos de interese desde o punto de vista astronómico. A eclipse parcial de Lúa do 16 de xullo será o principal fenómeno da estación estival, alén das Perseidas e unhas boas condicións para a observación de planetas como Xúpiter e Saturno.

A eclipse do 16 de xullo

Coincidirá coa saída da Lúa en Galicia, arredor das 22.00 horas, e estendéndose ata a 1.00 do día 17. Tamén está prevista unha eclipse total de Sol, o día 2 do mesmo mes, pero non será visible en Europa senón en América do Sur e no Pacífico.

Publicidade

As Perseidas

O profesor Docobo tamén sinala como outro evento destacable do verán as Perseidas, coincidindo puntualmente pola festividade de San Lourenzo, aínda que este ano, coa Lúa preto da fase chea, “as condición non van ser moi favorables especialmente na noite do 12 ao 13 de agosto cando se prevé o máximo da actividade deste choiva de estrelas”, aclara o investigador.

Aliñamento Xúpiter-Lúa-Saturno

Durante este verán, Docobo apunta que os planetas Xúpiter e Saturno, “as xoias da coroa”, estarán presentes todas as noites no ceo nocturno. Pola contra, Venus estará no amencer ata mediados de agosto e logo pasará a verse logo do solpor, en tanto que Mercurio alternará as súas aparicións “dende a noitiña (ata comezos de xullo), aos amenceres de xullo e agosto, para volver en setembro a ser visible logo do solpor”. O planeta Marte poderá ser observado a primeiras horas da noite en xuño e xullo e logo en agosto e setembro no albor. Durante a estación que agora comeza poderá verse unha aliñación  Xúpiter-Lúa-Saturno os días 12 ao 16 de xullo, entre o 9 e o 13 de agosto e do 5 ao 8 de setembro.

Publicidade

Como vén sucedendo dende hai máis dunha década, persoal do Observatorio da USC celebrará durante o verán o programa Visitas Astronómicas coa Cidade da Cultura de Galicia. Para poder participar nesta última actividade é preciso inscribirse previamente. Ademais, o Observatorio Ramón María Aller da USC ten previsto realizar sesións de observación astronómica en distintos concellos galegos do mesmo xeito que nos últimos anos.

Balance da primavera

Segundo explica o profesor José Ángel Docobo, remata unha primavera “máis ben seca na contorna de Compostela aínda que con temperaturas baixas especialmente no final da estación”. A precipitación de abril “estivo por debaixo da media quedándose en 214 litros/m2 pero non houbo precipitación nos comezos da primavera e en maio foi escasa (47,5 l/m2)”.

Polo que respecta ás temperaturas, a máxima absoluta tivo lugar o 31 de maio con 33,7ºC e a mínima, de 2,1ºC, aconteceu o día 3 de maio. Como explica o director do Observatorio, son destacables as temperaturas máximas tan baixas rexistradas en xuño con oito días por baixo dos 18º e incluso medíndose 13,9ºC o día 6. De todos os xeitos, na súa opinión, “isto tampouco é novidoso xa que de cando en vez prodúcense situacións como a presente. Sen ir mais lonxe, en 2018 o día 9 de xuño a temperatura máxima en Santiago fora de 13,2ºC”.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Setembro pecha con sete mortes por afogamento en Galicia

É a cuarta comunidade autónoma con máis falecementos, só superada por Canarias, Cataluña e Andalucía

Galicia, a segunda comunidade con maior taxa de mortes atribuíbles ao consumo de alcol

O último informe do ISCIII rexistra 40 casos por cada 100.000 habitantes entre 2010 e 2021, nun podio que lidera xunto a Asturias e Ceuta e Melilla

2026 rexistrou o segundo mes de setembro máis cálido dende hai 65 anos

A temperatura media alcanzou os 20,4 graos, 2,4 por riba do habitual, mentres que a chuvia quedou un 52% por baixo da media histórica

Galicia rexistra case 2.700 raios en 24 horas

A tormenta incidiu principalmente sobre Pontevedra e o oeste de Ourense, e as chuvias máis intensas alcanzaron os 61,3 l/m² en Baiona