Xoves 25 Abril 2024

O estudo que revelou o tamaño promedio do pene humano

Unha investigación sobre 15.000 medicións en todo o mundo fixou as medidas e desbotou mitos sobre o máis chamativo do órgano sexual masculino

Din que o tamaño non importa, pero o King’s College de Londres e a prestixiosa revista Science non pensan o mesmo. Porque decidiron resolver de xeito definitivo unha cuestión controvertida: cal é o tamaño medio do pene humano? E o artigo desmonta moitas lendas e achega a medida exacta das cousas.

O estudo internacional recompilou os datos dispoñibles de máis de 15.000 penes tanto sobre a lonxitude como sobre a súa circunferencia, para obter a mellor media ata o momento. E os científicos do King’s College foron máis aló: tamén  atoparon a medida convencional para os penes flácidos e erectos.

Publicidade

O problema coas estimacións anteriores a esta investigación radica en que moita xente carecía de datos. “As persoas tenden a sobreestimarse a si mesmas”, concluíu o autor principal do traballo, o psiquiatra David Veale nunha entrevista con Science: “[Os homes] parecen ter unha imaxe moi distorsionada do tamaño do pene dos outros homes; sorpréndeme a cantidade de homes que teñen preguntas, inseguridades e preocupacións relacionadas co tamaño do seu pene“.

Para a súa análise, o equipo compiló datos de 17 documentos académicos diferentes sobre medicións tomadas por médicos de todo o mundo de 15.521 homes, seguindo procedementos de medición estandarizados. Isto significa medir desde o óso púbico ata a punta da glándula distal, sen contar a graxa arredor da área púbica, ou a lonxitude adicional proporcionada polo prepucio.

No que atinxe á circunferencia, mídese arredor da base e arredor do medio do pene.

Tomados todos os datos, os investigadores crearon un gran gráfico, onde se fixo evidente onde estaban os valores atípicos e onde a media. Segundo o documento, que publicaron no British Journal of Urology, o pene flácido medio mide 9,16 cm de longo, mentres o erecto ten unha media de 13,12 cm de longo.

Doutra banda, a circunferencia media é de 9.31 cm para o pene flácido e de 11,66 cm para un pene erecto.

O estudo analiza tamén os casos atípicos: “Un pene erecto de 16 cm cae no percentil 95: de 100 homes, só cinco terían un pene máis grande que 16 cm”, declararon os investigadores.

Pola contra, un pene erecto que mide 10 cm cae no percentil 5: só cinco de cada 100 homes terían un pene máis pequeno que 10 cm.

Pero os científicos salientaron no seu estudo que os resultados poden non tranquilizar a moitos homes preocupados coas medidas. Porque nunha gran enquisa en Internet sobre 52.031 homes e mulleres heterosexuais, o 85 por cento das mulleres estaban satisfeitas co tamaño do pene da súa parella, pero só o 55 por cento dos homes estaban satisfeitos co tamaño do seu propio pene.

Os investigadores pecharon o seu artigo científico desmontando un par de mitos sobre o tamaño do pene humano. Tras escoitar que a medida podía estar relacionada co tamaño dos dedos ou co talle do calzado: e concluíron que non. “A correlación entre o tamaño dos pés e o tamaño do pene é inconsistente”, di o estudo. Así que se poden levar zapatos pequenos con orgullo: non significan nada.

E aquí podes ler a investigación publicada no British Journal of Urology

E aquí o artigo publicado pola revista Science

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Por que os homes somos os primates co pene máis grande?

A evolución bípeda do "Homo sapiens" durante millóns de anos provocou profundas transformacións nos aparellos xenitais masculinos e femininos

Estas femias teñen pene

Describen novas especies de insectos en África e Brasil no que os machos teñen unha especie de vulva e as femias, un falo

Case 500 persoas no mundo levan o apelido Carallo

Un novo buscador mundial sobre 1.600 millóns de persoas permite localizar os apelidos máis insospeitados

O ‘carallo de mar’ é moi sensible á sobrepesca

A UVigo participa nun estudo internacional sobre holoturias, que en Asia se pagan a 1.500 euros por quilo