Case 500 persoas no mundo levan o apelido Carallo

No mundo hai case vinte veces máis Conas que Carallos. Cando menos no que atinxe aos apelidos. Porque un buscador permite atopar os sobrenomes de 1.600 millóns de persoas en todo o mundo. E un total de 493 cidadáns levan o apelido Carallo, por 9.291 Cona.

O apelido Carallo está especialmente radicado en Italia, onde hai 414. A familia Carallo ten a súa orixe en Palermo (Sicilia), onde xa aparece en documentos de 1676, cando o Barón di Carallo accede á nobreza, situando en séculos posteriores aos seus membros con títulos como os de Duque de Miraglia e o Marqués de Ferla. O brasón dos Carallo amosa tres cores: amarela, azul e vermella, con dous leóns, un azul e outro en ouro. Asimismo, 251 persoas no mundo levan o apelido Manda, moi común na India, o que fai posible a combinación das liñaxes Manda Carallo.

Publicidade

Pola banda, o apelido Cona ten máis ampla distribución. Case a metade (4.011) están situados na India. Chile (1.079), Italia (1.041) e os Estados Unidos (701) reúnen a maior presenza da familia Cona polo mundo.

No buscador é posible tamén atopar outros termos galegos convertidos en apelido, como é o caso de Morriña. Lévano trinta persoas no mundo, 21 delas nos Estados Unidos.

Publicidade

Hai máis apelidos interesantes. Unha persoa no mundo apelídase Empanada (Estados Unidos). Hai un Raxo, en Sudáfrica. Dez Cachelos en Francia. E 2.707 Parrocha en Filipinas.

Mapa dos Morriña no mundo.
Mapa dos Morriña no mundo.

Os topónimos tamén aportan numerosas curiosidades. Case 140.000 persoas levan o apelido Galicia. México, con 91.371 individuos, acumula a maior parte dos individuos con este nome familiar. É, segundo os datos de Forebears, o 210º apelido máis frecuente do país. Guatemala con 12.915, e Filipinas, con 18.689, acumulan tamén unha importante densidade de Galicia.

Respecto a Santiago, a súa gran difusión debido á conquista de América levou a situar o apelido do apóstolo como o 6º máis habitual en Puerto Rico, onde máis de 59.000 persoas levan este patronímico. Con todo, o país con maior número de Santiagos é Brasil, con 192.289, seguido de México (159.604),  Estados Unidos (88.256) e Puerto Rico.

Algunhas cidades galegas tamén pasean o seu nome polo mundo a través dos apelidos. Os españois levaron a moitos recunchos do globo estes topónimos. En Perú, por exemplo, abundan os Vigo (14.008), e os Coruña están, na súa maior parte nas Illas Filipinas (1.031). A maior parte dos Lugo do mundo están en México, Venezuela, Colombia, Paraguai, Puerto Rico, a República Dominicana e os Estados Unidos.Pola súa banda, os Ferrol aparecen, ademais de España, en arquipélagos do Caribe como Dominica ou as Illas Virxes. Os Pontevedra están na súa maior parte na Arxentina e Filipinas, un arquipélago onde tamén hai 6.896 persoas que se apelidan Orense. Outras vilas e comarcas galegas, como Arousa, Soneira, Carnota ou Mondoñedo, tamén se espallaron polo mundo a través dos apelidos.

6 COMENTÁRIOS

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

‘Afouteza’ e ‘cona’, as palabras máis buscadas en galego

A Real Academia Galega analiza no novo número de "Cadernos da Lingua" os termos que máis veces se procuraron ao longo do ano 2017

O estudo que revelou o tamaño promedio do pene humano

Unha investigación sobre 15.000 medicións en todo o mundo fixou as medidas e desbotou mitos sobre o máis chamativo do órgano sexual masculino

Descubre cantas persoas no mundo levan o teu apelido e onde viven

Unha ferramenta web permite localizar os apelidos en todo o planeta e mesmo saber a súa orixe e datos dende 1880

21.000 apelidos galegos están en vías de extinción cun único portador

O Consello da Cultura Galega presenta o seu estudo 'Antroponimia e lexicografía' que analiza os patronímicos do país