O óso do pene, o tesouro que a evolución lle negou aos homes

A maioría de mamíferos teñen unha 'asistencia ósea' que favorece a reprodución sexual, pero non é o caso dos humanos

A maioría de mamíferos teñen un óso no órgano reprodutor masculino, pero a evolución negoulle ao home está “asistencia” que favorece diversos aspectos da práctica sexual. Por que se perdeu esta característica nos humanos? Que función ten este óso no mundo animal? A profesora de Bioloxía Animal da Universidade de Málaga Victoria de Andrés explica esta curiosa característica nun artigo de The Conversation.

O bo funcionamento do corpo humano é algo que preocupa a toda a sociedade. Malia que existen órganos prioritarios que son esenciais para a vivir, como o cerebro, os pulmóns e o corazón, no xénero masculino xera moitas inquedanzas as anomalías na súa fisioloxía sexual. Un exemplo é os problemas mentais que pode causar unha mala ou nula erección. Acontece isto nos animais?

Publicidade

Mamíferos con ‘asistencia ósea’

A investigadora explica que “a maioría dos mamíferos contan cunha ‘asistencia ósea’ para manter o pene erecto”. Segundo detalla, este óso localízase no eixo lonxitudinal do órgano e “posibilita ao macho a penetración eficiente en calquera momento, pero, sobre todo, favorece o alongamento do tempo de cópula”. Ademais, tamén protexe a uretra durante as prácticas sexuais prolongadas ao limitar a súa constrición, mantela aberta e facilitar o fluxo do esperma a través dela.

No mundo animal este óso adquire formas e tamaños moi distintos. Segundo relata a experta no artigo de The Conversation, o óso pode ser “case un vestixio” nalgunhas especies como os lémures ou chegar a dimensións sorprendentes, como é o caso dos machos de morsas, cuxo óso do pene pode chegar aos 65 centímetros de lonxitude. Pola contra, os marsupiais, as hienas, os coellos ou mesmo os cabalos comparten esta ausencia.

Publicidade

Pero, por que os homes non teñen óso no pene? Segundo a profesora, os primeiros primates, emerxidos a finais do Cretáceo, si tiñan óso, pero a liña evolutiva fixo que os humanos o perderan.

Altos niveis de selección sexual

“A explicación podería estar en que este óso favorecía as estratexias reprodutivas nas poboacións con altos niveis de selección sexual poscopulatoria”, indica. As especies de primates polígamas, onde a competencia sexual é moi intensa, ten ósos máis longos que os das monógamas, o que lles permite alongar o coito. “Noutras palabras, mantense máis tempo ‘ocupada’ á femia, evitando que a súa relación con outros machos e así, aumenta as probabilidades de legar o seus xenes á seguinte xeración”, detalla De Andrés.

Para demostrar esta hipótese, realizouse un experimento con dous grupos de ratos, un deles forzado á monogamia. Despois de 27 xeracións, constatouse que o tamaño do óso do pene diminuíra no grupo monógamo. “Parece ser que se nos facemos monógamos diminúe a presión de selección a favor do mantemento do óso”, afirma no artigo.

Por outra banda, segundo explica a profesora, hai dous millóns de anos perdeuse o anaco de cromosoma que contiña a secuencia de ADN responsable do óso. “Esta mutación aconteceu cando xa estaban ben avanzada a liña de primates bípedes e separada, dende catro millóns de anos antes, da que orixinou chimpancés e bonobos, que son polígamos e teñen óso”, conclúe a experta.


Podes ler o artigo completo de The Conversation na seguinte ligazón.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Predicir o futuro dos virus a través do seu pasado: así o estudan bioinformáticos galegos

Científicos do CINBIO deseñan modelos co obxectivo de atopar posibles mutacións resistentes a terapias antes de que se produzan

O xenoma máis grande do mundo pertence a este peixe, parente do noso antecesor común

Todos os vertebrados terrestres remóntanse a un espécime que saíu do océano e chegou a terra, cuxos parentes máis próximos son estes peixes pulmonados actuais

Os cambios climáticos do pasado, e non os actuais, explican a diversidade dos mamíferos

Tres investigadoras da UVigo analizan datos dos últimos 5 millóns de anos e técnicas avanzadas de análise estatística

A maioría dos mamíferos macho non son máis grandes que as femias

Tras comparar as masas corporais de ambos sexos en 429 especies constatouse que en máis da metade dos casos o tamaño é moi similar