Xoves 28 Marzo 2024

Estas femias teñen pene

Non sempre os machos teñen pene a e as femias teñen vulva. Un equipo de científicos descubriu en África e Brasil varias especies de insectos que habitan en covas nos que as femias son as que posúen unha especie de falo que, aínda que non desprende esperma, xoga un papel crucial durante a reprodución sexual.

Hai catro anos, investigadores xaponeses atopou un xénero de insectos da orde dos psocópteros que ofrecían un aspecto pouco habitual nos seus órganos sexuais. Decidiron entón abordar unha investigación máis profunda para comprender o seu funcionamento, e como evolucionaron ao longo do tempo.

Publicidade

Nos xéneros “Neotrogla” e “Afrotrogla”, as femias teñen unha especie de falo e os machos, vaxina

No caso concreto das femias do xénero Neotrogla, hai estruturas en forma alongada, unha especie de gancho que actúa a todas luces como un pene. E, ao mesmo tempo, os machos carecen de órganos semellantes ao falo, e no seu lugar teñen unha pequena bolsa parecida á vaxina. O nome técnico desta estrutura é, segundo os científicos, ‘xinósomo‘, para distinguilo dos órganos reprodutores estritamente masculinos doutras especies.

O acto sexual é moi distinto ao que adoitamos ver. As femias agarran ao macho co pene, aguantan del con forza e a través do falo reciben o esperma e trasládano ao seu corpo para fecundar os óvulos e poñer despois os ovos. Este procedemento úsase, segundo os indicios que atoparon os científicos, para evitar que os machos escapen durante as horas (entre 40 e 70) que dura a cópula.

 

O pene dos “Afrotrogla”

O caso destes insectos de Brasil non é único. No sur de África, un xénero chamado Afrotrogla amosa tamén rasgos semellantes. Porén, aquí os xinosomas son distintos: mentres os dos Neotrogla teñen unha punta dura e un globo que se incha na súa base, os Afrotrogla posúen bordos endurecidos bastante distintos.

As diferenzas nestes aparellos reprodutores fixo que os investigadores preguntaran se un xénero relacionado cos Afrotrogla, os Sensitibilla, ten algo que ver con estas estruturas. Porén, agora os Sensitibilla teñen órganos que se asemellan aos habituais en machos e femias, pero non se sabe se no pasado tiñan tamén as estruturas cambiadas.

Por que teñen pene?

Ao estudar polo miúdo a anatomía destes xéneros, os investigadores concluíron que estas estruturas se desenvolveron de forma independente. Isto abre, por tanto, unha pregunta: por que estes dous grupos de insectos conservaron ata hoxe o pene nas femias, a diferenza de case todas as demais especies do planeta?

Unha das razóns podería estar no hábitat. As covas nas que viven os Neotrogla e Afrotrogla son extremadamente oligotróficas, o que supón unha elevada competencia polos alimentos. Neste contexto, é posible que os machos se negasen a buscar descendencia ante o risco de morrer de fame. “Pero parece que as femias non estaban dispostas a esperar”, expoñen os investigadores, polo que tomaron parte activa na busca de cópula.

En vermello, estrutura semellante ao pene durante a cópula entre un macho e unha femia de "Neotrogla curvata". Fonte: Biology Letters.
En vermello, estrutura semellante ao pene durante a cópula entre un macho e unha femia de “Neotrogla curvata”. Fonte: Biology Letters.

Atopáronse tamén cambios semellantes, aínda que non chegaron a transformar as estruturas habituais de cada sexo, na anatomía reprodutiva de especies que vivían illadas, como algunhas moscas da froita cuxo hábitat está en illas e unha especie de escaravello endémico dunha zona de Xapón.

Estes feitos son bastantes estraños no reino animal, aínda que existen semellanzas, como o clítoris de gran tamaño que posúe algunha especie de hiena; pero neste caso, estes órganos non están implicados na penetración, e menos para a transmisión de óvulos.

Referencias:

Independent origins of female penis and its coevolution with male vagina in cave insects (Psocodea: Prionoglarididae) publicado en Biology Letters.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Febre de Lassa: cal é o risco do novo gromo xurdido en África?

Durante as primeiras semansa de 2023, Nixeria notifica 244 infeccións, 37 mortes e unha taxa de letalidade que xa se sitúa no 15,1%

O mapa do Paraná do galego José Quiroga

O matemático e relixioso cartografou as misións xesuíticas en Sudamérica e trazou un plano da cidade de Bos Aires

Descobren unha rede social de hai 50.000 anos en África grazas a cascas de ovos de avestruz

O achado establece unha conexión este-sur no continente como a máis antiga e longa xamais identificada, chegando a abarcar 3.000 quilómetros

A Terra ou Marte? A que planeta pertence esta foto?

"Pensei que estaba orbitando arredor de Marte cando vin esta paisaxe",...