A Terra ou Marte? A que planeta pertence esta foto?

“Pensei que estaba orbitando arredor de Marte cando vin esta paisaxe”, escribiu a comezos deste mes o astronauta francés Thomas Pesquet, que actualmente forma parte da tripulación da Estación Espacial Internacional. Sen nubes á vista, e con cores avermelladas e ocres que se estenden ata onde se perde a vista, Pesquet lanzou a pregunta a través dunha fotografía en Flickr, tomada desde os 400 km de altura sobre a superficie da Terra, órbita na que se move o vehículo espacial a uns 28.000 km/h.

No seu comentario, Pesquet aproveitaba para reflexionar sobre a exploración marciana, moi de actualidade polas misións das axencias espaciais da China e os Estados Unidos. “Os científicos cren que Marte foi algunha vez un planeta moi distinto, e o seu ambiente mudou durante miles de millóns de anos”, polo que é posible “aprender máis sobre a súa historia pode axudarnos a protexer o futuro do noso fascinante planeta” escribía Pesquet.

Publicidade

O que non revelaba o astronauta, pero si recollía o portal Science Alert, é o lugar de aparencia marciana que retratou Pesquet desde o espazo. Son as montañas Tibesti, no territorio de Níxer e Chad, e forman parte do Sahara. Outra das imaxes tomadas desde a Estación Espacial dá máis pistas, xa que se pode ver a capa azulada da atmosfera:

Imaxe tomada por Thomas Pesquet sobre as montañas Tibesti, no Sahara.
Imaxe tomada por Thomas Pesquet sobre as montañas Tibesti, no Sahara.

Esta cordilleira ten orixe volcánica, aínda que hoxe os volcáns non están activos. Son as máis altas do Sahara, chegando ata os 3.415 metros no Emi Koussi. E así se ve por satélite.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Así será a traxectoria do po sahariano: chegará a Galicia?

A nube procedente do norte de África afectará sobre todo ao sur e leste da comunidade con concentracións baixas de partículas en suspensión

Así se ve a Terra en tempo real e en 4K dende a Estación Espacial Internacional

A plataforma SatélitesArg reúne emisións da NASA e da empresa británica SEN para mostrar paisaxes do planeta a 400 quilómetros de altitude

Que gañamos aínda que o gran foguete Starship non nos leve a Marte?

Viaxar de Madrid a Tokio en menos de dúas horas non é fantasía e as viaxes espaciais para todos os públicos, tampouco

Como lograr vivendas autosuficientes como a Estación Espacial Internacional

As casas do futuro tenderán a comportarse como un ser eficiente e autosuficiente, que trate de vivir en simbiose coa contorna natural