Publicidade

Primeiras imaxes dende Marte do rover chinés Zhurong

O robot xa está en Utopia Planitia, unha chaira sen rochas pola que se moverá durante cando menos 90 días

Chegan as primeiras imaxes de Utopia Planitia tomadas polo rover chinés Zhurong no planeta Marte. O robot foi levado á atmosfera marciana nun módulo de aterraxe este sábado, na primeira aterraxe exitosa dunha sonda en calquera país na súa primeira misión a Marte. Zhurong, que leva o nome dun mítico deus do lume chinés, chegou uns meses despois da última sonda de Estados Unidos a Marte, Perseverance, e foi celebrado en China como un fito no seu ascenso ao estado de superpotencia espacial.

O aterrador no que viaxou Zhurong ata a superficie do planeta vermello.

Tianwen-1, o orbitador a bordo do cal viaxou Zhurong, serve de ligazón de comunicacións entre o rover e a Terra para enviar as imaxes. Actualmente, o vehículo atópase dentro do módulo de aterraxe que o protexeu mentres caía cara á superficie de Marte, reducindo a velocidade coa axuda dun paracaídas e varios propulsores. A plataforma xa estendeu unha rampla, pola que Zhurong baixará nos vindeiros días. As fotografías amosanun terreo libre de grandes rochas, que non debería supoñer un gran reto para o robot.

Publicidade

O rover chinés, duns 240 quilos de peso e case dous metros de altura, aseméllase moito aos da NASA en Marte, aínda que as súas capacidades científicas non son tan ambiciosas. Concibido sobre todo como unha demostración tecnolóxica, durante a súa vida útil de 90 días realizará distintas análises xeolóxicas da contorna marciana coa axuda dos seus instrumentos: cámaras, un radar de penetración terrestre, un detector de campo magnético, unha estación meteorolóxica moito máis sinxela que a española MEDA -a bordo do rover Perseverance da NASA- e un instrumento para medir a composición química do po e as rochas. Todos os datos que obteña servirán á axencia chinesa para preparar futuras misións máis ambiciosas a Marte.

“Xente da internet, as imaxes de Marte que tanto anhelaban están aquí”, dixo a axencia espacial nunha publicación nas redes sociais que contén as imaxes.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Reducir ata un 15% o risco de padecer demencia? A resposta pode estar no teu tensiómetro

Un ensaio clínico na China rural marca diferenzas entre a poboación hipertensa á hora de desenvolver esta enfermidade

Como podes ver esta noite a grande aliñación planetaria dende Galicia

O 28 de febreiro os concellos das Rías Baixas terán ceos despexados, o que facilitará a observación dos corpos celestes formando un arco sobre a Terra

Descuberto en China un novo virus do mesmo xénero que Crimea-Congo transmitido por carrachas

O patóxeno emerxente, denominado Xue-Cheng pola cidade onde foi descuberto, provocou dende febres agudas ata ingresos hospitalarios en 25 pacientes

É perigoso o virus respiratorio está a desatar a alarma en China?

A maioría de persoas poida que non oísen falar do metapneumovirus humano, mais é moi probable que estivesen infectadas por el nalgún momento