Confirman o papel da velutina no declive das abellas

A avespa asiática foi responsable de un terzo das mortes de abellas en colmeas segundo un novo estudo da Universidade de Barcelona

As abellas están en crise en todo o mundo, por razóns que diversos estudos científicos atribúen a feitos como a crise climática, o abuso de certos pesticidas ou a propia acción do ser humano destruíndo o seu hábitat. Pero hai outra razón engadida para esta preocupante decadencia: a avespa velutina, o perigoso depredador que chegou de Asia e que ataca ás abellas.

Un equipo de investigadores da Universidade Autónoma de Barcelona (UAB) realizou un seguimento de dous anos, entre marzo de 2019 e febreiro de 2021, do apiario experimental UABee, inicialmente formado por seis colmeas poboadas con abellas ibéricas (Apis mellifera iberiensis). Trátase do primeiro colmenar plenamente monitorado de España que está a ser seguido tanto por métodos manuais como por sensores.

Publicidade

O apiario aplica condicións sanitarias de referencia –tratamentos obrigatorios contra o ácaro varroa en ausencia de cría– e medidas de apoio en épocas críticas. Os investigadores rexistraron o peso, as incidencias acontecidas nas colmeas, capturaron imaxes da actividade das abellas e relacionaron todo iso coas condicións meteorolóxicas. O estudo completouse coa análise do pole e procedencia do néctar utilizado para producir o mel.

O apiario atópase nunha zona de bosque no mesmo campus da UAB en Bellaterra. A mortalidade de colmeas protexidas contra o ácaro varroa, foi dun 17% anual (1 de cada 6 colmeas), por baixo da media española, e os ataques de avespas velutinas, vespa asiática, constituíron a maior ameaza entre os meses de xuño e novembro.

Publicidade

A depredación da velutina contribúe ao declive da abella.

A avespa asiática limita a saída das abellas durante todo o día e foi responsable dunha terceira parte das baixas totais de colmeas. Por este motivo, os científicos instalaron arpas eléctricas como protección, que abateron máis de 4 velutinas ao día, aínda que con efectos colaterais nas propias abellas e outras especies.

Os investigadores estiman que a instalación de arpas evitou a predación de máis de 14.000 abellas en 2020. Con estas medidas, a produción media de mel foi de 13 kg por colmea e ano, situada entre a media española (10 kg) e a europea (15 kg).

“Todo indica que en España e en Europa está a frearse o declive das abellas domésticas, e o noso traballo demostra que con bo manexo e control da nova praga de avespa asiática se podería manter a poboación e a produción das colmeas”, explica Gerardo Caja, profesor do departamento de Ciencia Animal e dos Alimentos da UAB.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Dende abellas ata medusas: que fago se me pica un becho este verán?

A guía do Science Media Center aporta información sobre as pasos a seguir despois da picada de animais como os mosquitos ou as arañas

A nova ameaza das velutinas: o abandono dos pequenos viñedos

Investigadoras da UDC analizan por vez primeira o impacto desta especie invasora sobre a produción de uva

A loita contra a velutina reduce un 20% os beneficios por venda de mel en Galicia

Os apicultores gastaron 561 euros de media, sendo Pontevedra a provincia máis afectada debido ás súas condicións climatolóxicas

Unha plataforma con selo galego predí o risco de invasión da avespa velutina

O maior proxecto posto en marcha en Europa de loita contra esta especie finaliza este mes de xuño despois de tres anos de traballo