Un mural na Gran Vía de Madrid recoñece o labor da científica María de la Fuente

A creadora da campaña "Ou científica ou nai" aparece xunto a tres activistas nunha acción impulsada pola plataforma Change

Co gallego da celebración do 8 de marzo, Día Internacional da Muller, a plataforma change.org puxo en marcha unha acción no número 35 da Gran Vía de Madrid: un gran mural en plena rúa para render homenaxe ás mulleres que nos últimos tempos lideraron algunha das iniciativas cidadás que máis repercusión tiveron. E entre as catro escollidas está a científica galega María de la Fuente, creadora e impulsora da campaña “Ou científica ou nai”, que reclamaba que non se penalizasen as baixas por maternidade nos concursos de méritos, e que acabou conseguindo que o Goberno modificase a normativa para superar esta discriminación.

O mural, elaborado polo artista Spok Brillor, está sendo realizado durante estes días, e inclúe, ademais da imaxe de María de la Fuente, os retratos de Silvia González (promotora da campaña para queos cans de protección a víctimas de violencia machista poidan acceder a lugares públicos), Rafaela Pimentel (unha das líderes do movemento polos dereitos laborais das traballadoras do fogar) e Paloma Pastor. (nai dun neno con dano cerebral adquirido que impulsou unha campaña para cubrir a neurorehabilitación en nenos na sanidade pública).

Publicidade

Esta nova acción recoñece así a loita da investigadora galega, que acabou conseguindo que o Goberno excluíra do período de avaliación de méritos as interrupcións debidas a permisos de paternidade ou maternidade, adopción ou garda, así como a incapacidade temporal durante o embarazo por causas vinculadas ao mesmo, na nova convocatoria do Instituto de Saúde Carlos III.

Ao coñecer a noticia, De la Fuente sinalou que a medida é “un cambio de actitude claro respecto ao primeiro momento. O único que pediamos, que non é tanto, é que non se discriminara ás científicas polo feito de ser nais”.

Publicidade

Os contactos de María de la Fuente tamén se estenderon aos partidos e ao Parlamento Galego, onde se aprobou en abril de 2018 unha iniciativa que pedía a inclusión de cláusulas nas convocatorias públicas que eviten estes problemas, aínda que se rexeitou un mes despois unha moción que pedía “medidas de acción positiva no ámbito universitario e da investigación” en materia de igualdade. “Hai que ir das palabras aos feitos, e tócalle tamén ao Sergas mover ficha, porque somos as súas empregadas, e queda moito que facer a nivel autonómico”, conclúe María.

A galega María de la Fuente gana a batalla polas nais científicas

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

01:04:45

EN DIRECTO | Ciencia en feminino. Obstáculos da carreira investigadora

A enxeñeira Soledad Torres, a bióloga Iria Gómez Touriño e a enfermeira Ainara Díaz Geada participan na última sesión do ciclo de GCiencia e da Deputación de Pontevedra

Un equipo galego recibe 450.000 euros para crear unha terapia contra o cancro gástrico

A Asociación Española Contra o Cancro da Coruña financia seis proxectos do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago para fomentar os estudos oncolóxicos
01:01:21

“O maior obstáculo para ser Marie Curie é a conciliación familiar e laboral”

As investigadoras Yasmina Martínez, Marta Castiñeira e Paula Gutiérrez participan na última mesa redonda de 'Ciencia en feminino'

As científicas son maioría nos centros de investigación públicos de Galicia, pero só o 28% na privada

A presenza feminina nas entidades públicas da comunidade galega é do 61,3%, a taxa máis alta de España