Case 8.000 raios en 20 horas, a maioría deles sobre Lugo

Despois das altas temperaturas da pasada fin de semana, Galicia está a experimentar desde a tarde do martes un episodio de treboadas causada por unha Dana (acrónimo de Depresión Illada en Niveis Altos, en castelán). O aire cálido que ficaba dos días pasados deu paso a unha masa máis fría que xera unha gran inestabilidade atmosférica, traducida en treboadas moi intensas. Así, na montaña de Lugo e Ourense, está activado este mércores o aviso amarelo por estas tormentas, que poderían deixar ata 15 litros por metro cadrado nunha soa hora.

Durante o martes, a Dana descargou con forza na zona sur da costa galega. Así, as estacións de MeteoGalicia rexistraron un acumulado diario de 13,6 l/m2 en Oia e 16,4 en Vigo. Xa durante a madrugada do mércores, o episodio volveuse máis intenso no norte da provincia de Lugo. En menos de 12 horas, caeron 27,3 litros por metro cadrado en Pol, 26,2 na Pontenova, 21,8 en Lourenzá e 15,3 en Burela.

Publicidade

As treboadas tamén deixaron importantes rexistros de raios na provincia de Lugo. Desde as 14 horas do martes, o radar de MeteoGalicia detectou máis de 7.600 raios na zona que cobre, que tamén abrangue a costa galega, o norte de Portugal e o oeste de Asturias, Zamora e León. Deles, 3.000 caeron sobre territorio galego, cunha especial incidencia na provincia lucense, onde se rexistraron máis de 2.000.

Segundo recolleu Europa Press, os lóstregos e as choivas produciron incendios e incidencias no alumeado público e nos semáforos.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

2026 rexistrou o segundo mes de setembro máis cálido dende hai 65 anos

A temperatura media alcanzou os 20,4 graos, 2,4 por riba do habitual, mentres que a chuvia quedou un 52% por baixo da media histórica

Galicia rexistra case 2.700 raios en 24 horas

A tormenta incidiu principalmente sobre Pontevedra e o oeste de Ourense, e as chuvias máis intensas alcanzaron os 61,3 l/m² en Baiona

Unha dina acende a alerta laranxa en Galicia por fortes treboadas: estes son os concellos afectados

O interior da Coruña e o centro de Lugo estarán en aviso por tormentas que poden vir acompañadas de aparello eléctrico e sarabia

Unha masa de aire marítima tumba as temperaturas ata 10 graos en Galicia no inicio do outono

Unha fronte traerá precipitacións á comunidade a partir do sábado, unha situación que podería continuar a próxima semana