Lanzado con éxito o satélite galego ‘Lume-1’ co foguete Soyuz

O satélite galego ‘Lume-1’, o cuarto dos construídos pola Universidade de Vigo, foi lanzado con éxito ao espazo esta madrugada a bordo dun foguete Soyuz dende a base rusa de Vostochny, en Siberia. O foguete portador Soyuz-2.1a abandonou o porto espacial de Vostochny este xoves á hora prevista, ás 3.07.18 (hora de Galicia), segundo confirmou a axencia de noticias TASS.

“O foguete portador Soyuz-2.1a lanzouse áhora programada”, dixo a axencia espacial rusa Roscosmos. Nove minutos despois do lanzamento, a etapa superior con todas as naves espaciais separouse da terceira etapa do foguete.

Publicidade

Aproximadamente unha hora despois diso, a Soyuz deixou no espazo os dous satélites Kanopus-V, fabricados por Rusia para previr desastres naturais. Xunto a eles viaxaban outras 26 naves espaciais, entre as que se contaba o satélite galego ‘Lume-1’. A axencia Roscosmos informou de que “entre as naves estranxeiras que se enviaron á órbita atópanse as naves GRUS de Xapón, 12 satélites Dove dos Estados Unidos, a nave espacial ZACube-2 de Sudáfrica, o Lume-1 de España, os satélites alemáns D- Star ONE ( iSat), D- Star ONE ( Sparrow) e UWE-4, así como 8 naves espaciais Lemur dos Estados Unidos.

Este foi o cuarto lanzamento desde o porto espacial Vostochny no Afastado Oriente de Rusia.

Publicidade

E aquí podes ver o lanzamento:

Así foi o lanzamento do foguete co Lume-1

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O efecto das chuvias: a imaxe satelital de Copernicus que revela a enchente do río Miño en Lugo

O Sentinel-1 da Axencia Espacial Europea capta dende órbita o aumento de caudal ao seu paso por Outeiro de Rei, Cospeito e Castro de Rei

Alén Space pon a proba o seu satélite para manter aos barcos conectados en alta mar

O obxectivo do aparello creado en Nigrán é intercambiar mensaxes entre buques e portos, e mellorar a seguridade e eficiencia do tráfico marítimo grazas á tecnoloxía VDES

Alén Space completa un novo satélite para un instituto tecnolóxico de Corea do Sur

A partida do aparello, creado integramente en Nigrán, está prevista os próximos días desde o Centro Espacial Naro, situado na provincia de Jeolla do Sur

Así se viu Galicia dende o espazo durante o apagamento masivo

A NASA captura dúas imaxes de satélite nas que se perciben os cambios de luminosidade da madrugada do luns á do martes