Así foi o lanzamento do foguete co Lume-1

Todo saíu segundo o previsto no cosmódromo de Vostochny, en Siberia, onde ás 3.07 da madrugada botou a voar con éxito o foguete Soyuz. A milleiros de quilómetros, desde a Escola de Enxeñaría de Telecomunicación de Vigo, o equipo de Alén Space, spin-off da universidade, e membros da Agrupación Aeroespacial seguiron moi atentos que todo se desenvolvera segundo o previsto.

Ás 07.25.32 horas, o Lume-1 entrou en órbita. A primeira hora deste xoves, a axencia espacial rusa, Roscosmos, anunciou que o Lume-1, xunto a outros dos ‘cubesats’ que saíron cara ao espazo coa Soyuz, se separaron do corpo principal do foguete. Pouco despois, sobre as 11 da mañá, realizará o primeiro pase sobre Galicia.

Minutos despois do lanzamento, o equipo galego que fixo posible o lanzamento do novo satélite compartiu unha imaxe celebrando que todo saíu ben.

O Lume-1

O satélite Lume-1 forma parte do proxecto FireRS de loita contra os lumes forestais, no que ademais da Universidade de Vigo participan a Universidade de Porto e o CNRS francés. É un satélite cubesat tipo 2U, cunhas dimensións 20 x 10 x 10 e un peso de 2,1 quilogramos.

Co seu lanzamento a bordo do foguete Soyuz culmina o traballo que durante máis dun ano e medio desenvolveron 17 persoas na Universidade de Vigo: 10 investigadores contratados; seis estudantes e dous profesores en tarefas de coordinación. “Todos os estudantes e investigadores que participan no proxecto FIRE-RS pertencen ás escolas de Enxeñería Industrial, de Telecomunicación e Informática, que son o núcleo do Agrupación Aeroespacial”, explicaba Fernando Aguado, investigador responsable da Agrupación Aeroespacial da Universidade de Vigo, quen lembra que nos meses previos a este lanzamento o satélite completou durante meses un esixente calendario de probas, inclúidas as de aceptación de todos os subsistemas, así como a verificación do satélite a nivel do sistema.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.