Venres 29 Marzo 2024

Sigue aquí en directo o lanzamento do satélite galego Lume-1

Todo está listo. Ás 03.07.18 horas (en Galicia) desta madrugada, a bordo dunha nave Soyuz na base espacial rusa de Vostochny, en Siberia, comezará a aventura espacial do novo satélite galego, o Lume-1, co seu lanzamento ao espazo. Un nanosatélite que forma parte dun proxecto chamado FireRS, contra os incendios forestais, e que entrará en órbita xunto máis dunha vintena de ‘compañeiros’ de viaxe ás 07.25.32 horas. Pouco despois, sobre as 11 da mañá do xoves 28, realizará o primeiro pase sobre Galicia.

O Lume1.

Todo o proceso de lanzamento será seguido moi de preto desde Vigo. Aínda que a data se retrasou dous días respecto ás primeiras previsións, o plan de traballo apenas se viu alterado. Nos días previos ao lanzamento as tarefas centráronse, sobre todo, en comprobar o correcto funcionamento da estación de control da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación, desde onde se van realizar todos os labores de seguimento.

Publicidade

“Comprobamos as antenas, os amplificadores, os rotores… e tamén todo o software de control, tanto da estación como do satélite”, explicaba a pasada semana ao Duvi Fernando Aguado, investigador responsable da Agrupación Aeroespacial da Universidade de Vigo.

Fase de lanzamento e primeiros pases

equipo de operacións está constituído por tres ou catro persoas que se irán alternando durante os diferentes pases, estando previsto que haxa catro pases cada día: dous pola mañá e dous pola tarde. Durante estes primeiros pases realízase esa primeira fase que ten como misión contactar co satélite e analizar a súa primeira telemetría, para comprobar así o correcto funcionamento da plataforma, e poder configurar os parámetros fundamentais do satélite.

O responsable da agrupación aeroespacial explica que o seguinte paso será analizar cada un dos subsistemas de forma independente e pór en funcionamento o sistema de control de posición. “A continuación realízanse as probas coa carga útil M2M, que será a que permita contactar desde os sensores do fogo e os avións non tripulados, UAVs, co satélite LUME”, explica Aguado, que fai fincapé en que esta fase inicial pode prolongarse tres ou catro semanas aproximadamente.

FireRS

Logo do satélite Lume-1. Fonte: Alén Space.
Logo do satélite Lume-1. Fonte: Alén Space.

Inserido no proxecto FireRS de loita contra os lumes forestais, no que ademais da Universidade de Vigo participan a Universidade de Porto e o CNRS francés, LUME-1, é un satélite cubesat tipo 2U, cunhasdimensións 20 x 10 x 10 e un peso de 2,1 quilogramos, desenvolvido pola spin-off da Universidade de Vigo Alén Space. A súa misión fundamental será dar soporte de comunicación bidireccional a sensores de terra que detectan lume, desenvolvidos polo grupo Cima da Universidade de Vigo, así como prover unha conexión cos avións non tripulados, UAVs, deseñados na Facultade de Enxeñaría da Universidade de Porto.

Co seu lanzamento culminará o traballo que durante máis dun ano e medio desenvolveron 17 persoas na Universidade de Vigo: 10 investigadores contratados; seis estudantes e dous profesores en tarefas de coordinación. “Todos os estudantes e investigadores que participan no proxecto FIRE-RS pertencen ás escolas de Enxeñería Industrial, de Telecomunicación e Informática, que son o núcleo do Agrupación Aeroespacial”, detalla Aguado, quen lembra que nos meses previos a este lanzamento o satélite completou durante meses un esixente calendario de probas, inclúidas as de aceptación de todos os subsistemas, así como a verificación do satélite a nivel do sistema.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Como sería unha base humana en Marte? Así é o deseño con selo galego

Investigadores da UVigo estudan a habitabilidade do planeta, que conta cunhas condicións pouco axeitadas para aloxar astronautas

Os pioneiros (vigueses) do Novo Espazo

Alén Space quere facer accesible o firmamento a todos os proxectos que melloren as nosas vidas con satélites que non superan os dez quilos

Un equipo galego lanza un satélite para impulsar a dixitalización do sector naval

As empresas Alén Space e Egatel validarán en órbita unha tecnoloxía que permitirá mellorar e actualizar as comunicacións mariñas

Tecnoloxía viguesa desde Cabo Cañaveral: a misión Alfa Crux está lista para o seu lanzamento

A empresa Alén Space participou no desenvolvemento dun satélite da Universidade de Brasília, que viaxará este venres ao espazo