Ciencia en feminino: unha carreira científica en desigualdade

As científicas María Mayán, Sara Varela e María de la Fuente participan no coloquio, conducido pola xornalista Begoña Márquez

O ciclo “Ciencia en feminino”, que organizan GCiencia e a Deputación de Pontevedra durante este mes co gallo da celebración do 8 de marzo, pechouse este xoves cun coloquio conducido pola xornalista Begoña Márquez.O debate puídose seguir en directo, ademais de nesta publicación, nas canles de GCiencia en Facebook e Youtube e no Twitter da Deputación de Pontevedra.

No encontro participaron María de la Fuente, directora da Unidade de Nanooncoloxía do Instituto de Investigacións Sanitarias de Santiago; Sara Varela, investigadora da Universidade de Vigo e líder do MapasLab; María Mayán, coordinadora do grupo de investigación CellCOM do Instituto de Investigación Biomédica da Coruña (Inibic), e Ana Mejías, deputada da institución provincial.

Publicidade

Traballos publicados en revistas científicas como Nature ou Science revelan a existencia dun nesgo de xénero en diferentes aspectos da carreira científica. Investigacións recentes constatan, por exemplo, a desigualdade implícita e explícita en comités de avaliación. O mesmo acontece, nalgúns casos, coa fenda á hora de publicar en revistas académicas, nas que se observou unha maior proporción de rexeitamentos aos artigos encabezados por mulleres. Outros traballos máis recentes expoñen (aínda que non observaron diferenzas significativas entre xéneros) que os comités editoriais das revistas deben abrir a man a unha maior diversidade nos seus equipos. E o efecto tesoira, que aparta ás mulleres dos postos máis altos da carreira investigadora, aínda non se superou.

Estes problemas seguen sendo patentes á hora de establecer criterios claros que eviten a desigualdade e reduzan a fenda de xénero e coidados nas convocatorias da carreira investigadora. Sábeno ben algunhas das participantes no encontro deste xoves, como María de la Fuente, cuxa mobilización a través da campaña “Ou Científica ou Nai” acabou obtendo unha vitoria legal para revisar e mellorar os problemas causados por estas convocatorias. O propio Parlamento de Galicia accedeu esta semana a tramitar unha lei “para garantir a igualdade real entre mulleres e homes no ámbito universitario e da investigación”.

Publicidade

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un equipo galego recibe 450.000 euros para crear unha terapia contra o cancro gástrico

A Asociación Española Contra o Cancro da Coruña financia seis proxectos do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago para fomentar os estudos oncolóxicos

A revolución silenciosa das traídas veciñais: Pontevedra transforma o abastecemento no rural

Un plan de axudas da Deputación promove a modernización e reforzamento das entidades que xestionan recursos hídricos

Atopan no convento de Santa Clara unhas pinturas murais do século XVI “únicas”

Un dos maiores expertos en pinturas murais asegura que o achado en Santa Clara "non o hai en ningún outro lugar"
01:01:21

“O maior obstáculo para ser Marie Curie é a conciliación familiar e laboral”

As investigadoras Yasmina Martínez, Marta Castiñeira e Paula Gutiérrez participan na última mesa redonda de 'Ciencia en feminino'