#conversasCINBIO: entrevista con David Posada

O líder do grupo de Filoxenómica e catedrático de Xenética da UVigo falará sobre a súa investigación arredor da bioloxía evolutiva do cancro

O ciclo #conversasCINBIO, organizado polo Centro de Investigacións Biomédicas da Universidade de Vigo e GCiencia, celebra este martes 22 de xuño o cuarto encontro da serie. Neste caso, o entrevistado será David Posada González (Vigo, 1971), catedrático de Xenética na UVigo e líder do grupo de investigación Filoxenómica, enmarcado dentro da área de Medicina Molecular do CINBIO. A conversa poderá seguirse a través de gciencia.gal e as redes sociais de GCiencia e CINBIO.

Posada é licenciado en Bioloxía (1994) pola Universidade de Santiago de Compostela e doutorado en Zooloxía (2001) pola Universidade Brigham Young (Estados Unidos). Desde o ano 2011, é catedrático de Xenética na universidade viguesa. O seu traballo de investigación caracterízase pola multidisciplinariedade, combinando conceptos e ferramentas da bioloxía, estatística e informática. É autor de máis de 150 artigos en revistas de alto impacto e foi citado máis de 60.000 veces, que o levaron a nomealo como un dos investigadores máis citados do mundo (highly cited author) durante 14 anos consecutivos.

Publicidade

Filoxenómica

O grupo de Filoxenómica, liderado por Posada, está centrado de maneira xeral na evolución molecular de xenomas, células, poboacións e especies. Entre outras aplicacións, utilizan información xenómica para estudar a filoxeografía unicelular do cancro, co obxectivo de construír un marco teórico e metodolóxico para entender mellor os procesos de evolución desta enfermidade. Tamén analizan a xenómica evolutiva das células tumorais circulantes (CTCs), estreitamente relacionadas cos procesos de metástase. Recentemente, no marco da pandemia da Covid-19, o equipo colabora en consorcios nacionais e internacionais que estudan a epidemioloxía molecular e a transmisión do SARS-CoV-2 mediante a secuenciación de xenomas do virus.

O encontro con Posada sucede así ás conversas cos investigadores do CINBIO que protagonizaron Miguel Correa, Ana Gago e Jacobo de Uña. O vindeiro 29 de xuño, #convesasCINBIO pecharase coa entrevista con Isabel Pastoriza, coordinadora do grupo FunNanoBio, especializado na síntese e modificación de nanopartículas con propiedades singulares.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

00:06:28

Un microscopio feito a medida para estudar nanopartículas individuais

Investigadores do CINBIO incorporan un equipo hiperespectral de campo escuro sen equivalente comercial, capaz de medir moléculas que ata agora só se podían analizar en conxunto

Cóntame que leva a túa perovskita, e direiche como contamina: alternativas para materiais emerxentes

O grupo de Inmunoloxía do CINBIO leva anos estudando a toxicidade na escala 'nano' co obxectivo de establecer un emprego seguro

Unha investigación galega propón un tratamento contra a artrose que ataca o envellecemento celular

O proxecto SENPAD desenvólvese no marco da convocatoria Ignicia Proba de Concepto articulada pola Axencia Galega de Innovación

Do CINBIO a Sudáfrica para estudar a recombinación da covid: historia dunha viaxe

O grupo CME da UVigo leva anos estudando a evolución dos virus a través da bioinformática e centra parte dos seus estudos na monitorización do SARS-CoV-2