EN DIRECTO | #conversasCINBIO, con Ana Gago

Entrevista coa líder do grupo de Innovación en Agroalimentación e Saúde e directora do Laboratorio de Referencia de Biotoxinas Mariñas da UE

O Centro de Investigacións Biomédicas (CINBIO) da Universidade de Vigo e GCiencia continúan este martes 8 de xuño co ciclo #ConversasCINBIO, un ciclo de entrevistas con científicas e científicos do centro que se desenvolve durante este mes. Neste segundo encontro, a entrevistada será Ana Gago, líder do grupo de Innovación en Agroalimentación e Saúde e tamén directora do Laboratorio de Referencia de Biotoxinas Mariñas da UE, situado en Vigo.

Ana Gago Martínez é doutora en Química pola Universidade de Vigo (1992). Realizou varias estadías posdoutorais no Instituto de Biociencias Mariñas (National Research Council, Halifax, Canadá) e tamén na División de Investigación de Alimentos do Ministerio de Sanidade de Ottawa (1993-1995). Foi Científica invitada en varias universidades e en centros de investigación da UE e de EUA, entre outros: Universidade de Jena (Alemaña), Instituto de Investigación Mariña (Bergen, Noruega), Instituto Ricardo Jorge (Portugal), Instituto de Tecnoloxía de Cork (Irlanda) etc.

O seu traballo centrouse en métodos de desenvolvemento de toxinas de algas e, recentemente, abordou unha nova área de investigación: o desenvolvemento e optimización de procedementos de pretratamento de mostras, así como métodos de espectrometría de masas para proteómica na Universidade de California (San Francisco, EUA).

Traballou en varios proxectos de investigación de financiamento nacional e da UE, e conta con numerosas publicacións no campo da análise de ficotoxinas. Dirixiu máis de vinte teses de doutoramento e máis de trinta proxectos de investigación para mestrados baseados nas áreas de investigación antes mencionadas. Preside o grupo de traballo da comunidade de toxinas mariñas e de auga doce na Asociación Internacional de Químicos Analíticos Oficiais (AOAC International).

Dende 2009 é profesora titular no Departamento de Química Analítica e Alimentaria da Universidade de Vigo, ao tempo que dirixe o seu grupo no CINBIO e o Laboratorio de Referencia de Biotoxinas.

#ConversasCINBIO continuará o 15 de xuño con Jacobo de Uña, do grupo de Inferencia estatística, decisión e investigación operativa (SIDOR); e o 22 de xuño será a quenda de David Posada, líder do grupo de Filoxenómica, e o ciclo pecharase o 29 de xuño con con Isabel Pastoriza, investigadora principal do grupo FunNanoBio.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.