Así verá Galicia a eclipse parcial de Sol deste xoves

O disco solar aparecerá lixeiramente trabado pola Lúa cunha magnitude de 0,2 na Coruña

Galicia será o mellor lugar da península ibérica para observar a eclipse de Sol deste xoves 10 de xuño, aínda que o resultado non será especialmente espectacular por mor de que a estrela apenas se verá ‘trabada’ pola Lúa nun pequeno anaco da súa superficie aparente.

O mapa do Sol ‘trabado’ pola Lúa en cada zona de España segundo o Instituto Xeográfico Nacional.

Na península ibérica, a eclipse verase como parcial e terá unha magnitude maior de 0,2 na costa noroeste (A Coruña) de 0,2, aproximadamente 0,1 no interior e nordés da península, e ao redor de 0,02 no sueste, nas illas Baleares e nas illas Canarias. Desde Madrid, por exemplo, a eclipse iniciarase ás 11.01 horas, o máximo darase ás 11.43 horas (momento en que a magnitude será de 0,12) e finalizará ás 12.29 horas, sendo a súa duración total de 88 minutos e na páxina do Instituto Xeográfico Nacional poderás consultar o horario de todas as capitais de provincia.

Publicidade

12 de agosto de 2026: o día que desaparecerá o Sol en Galicia

É un acontecemento astronómico inusual, xa que a última eclipse solar visible como parcial en España tivo lugar o 21 de agosto de 2017, aínda que en malas condicións ao producirse moi preto do solpor. A seguinte eclipse verase o 25 de outubro de 2022, no nordés da península e illas Baleares. Así mesmo, a próxima eclipse solar visible como total na península ibérica terá lugar o 12 de agosto de 2026, seguido doutro o 2 de agosto do ano seguinte e en xaneiro de 2028, poderase ver en España unha eclipse anular.

Que é unha eclipse anular solar?

Durante unha eclipse anular, a Lúa está a unha distancia da Terra de tal xeito que desde a terra semellará máis pequena que o Sol. Como a Lúa non tapa completamente o astro, podemos ver como un disco escuro sobre un disco máis grande e coruscante. Isto crea un efecto visual onde parece que á lúa rodéalle un anel de lume. Os habitantes dalgunhas zonas de Canadá, Groenlandia e o norte de Rusia poderán ver a eclipse anular. Con todo, noutras zonas da Terra o non estarán perfectamente aliñados e só poderemos ver a eclipse solar parcial. O Sol parecerá ter unha sombra escura soamente nunha parte da súa superficie. Este é o caso de España e doutras zonas de Europa xunto con gran parte de Canadá e partes do Caribe, Estados Unidos, Asia e o norte de África.

A febre da eclipse en Galicia en 1912

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A forte borrasca Herminia acende as alertas por temporal de vento e chuvias intensas en toda Galicia

Unha fronte moi activa deixará este domingo persistentes precipitacións que poderán acumular máis de 80 litros por metro cadrado na Coruña, Pontevedra e Ourense

A tormenta solar que deixou ver auroras boreais en Galicia en maio de 2024 foi a máis intensa en 35 anos

Os episodios volvéronse repetir en outubro de 2024 e en aninovo, e neste 2025 o ciclo solar está no seu máximo

Producir viño sen alcol (pero coas mesmas propiedades): o desafío dun proxecto con raíces en Galicia

A iniciativa nacional UBAVIDA, no que participa unha bodega do Salnés, busca as mellores prácticas para estandarizar a bebida

O mapa do cancro de Galicia revela as comarcas con maior incidencia

En Vigo, Lugo e Valdeorras diagnosticáronse en 2022 máis novos casos en homes, mentres que en mulleres lideran Bergantiños, A Mariña Occidental e O Baixo Miño