O ciclo de entrevistas #conversasCINBIO, organizado polo Centro de Investigacións Biomédicas da Universidade de Vigo e GCiencia, celebra o seu terceiro encontro este martes 15 de xuño coa entrevista a Jacobo de Uña, investigador principal do grupo de Inferencia Estatística, Decisión e Investigación Operativa (SiDOR).
Jacobo de Uña é licenciado en Matemáticas en 1995 pola Universidade de Santiago de Compostela e obtivo en 1998 o doutoramento en Matemáticas con Diploma Europeo, con especialidade en Estatística e Investigación Operativa. Desde o ano 1998, ocupa o cargo de investigador principal do grupo SiDOR e en 2010 foi nomeado profesor no Departamento de Estatística e Investigación Operativa na Universidade de Vigo. Ata o momento, supervisou sete teses de doutoramento e publica habitualmente en revistas de elevado prestixio na área da estatística. Tamén é coordinador do Mestrado e Programa de doutoramento en técnicas estatísticas da Universidade de Vigo e promotor do Itmati.













