Buscan en Lugo catadores de alimentos e bebidas para un proxecto científico

A empresa TasteLab, nacida no Campus Terra da USC e referente na análise sensorial da alimentación, quere ampliar o seu equipo de catadores

A spin-off da USC TasteLab, unha iniciativa empresarial xerminada no campus de Lugo e que xa se ten convertido en referente no eido da análise sensorial de alimentos e bebidas en toda España, celebrará este xoves, a partir das 18.00 horas, na súa sede do número 2 da rúa Vázquez Seijas de Lugo, un evento aberto á participación de persoas interesadas en sumarse ao seu panel de catadores.

As persoas que integran o equipo de catadores de que xa dispón TasteLab son as encargadas de responder, a través da aplicación de análises sensoriais e da identificación duns parámetros concretos, as causas ou motivos polos que un produto triunfa ou non entre a xente.

Publicidade

Os responsables de TasteLab son coñecedores do importante labor que desenvolve o panel de catadores. Daquela, esta spin-off da USC busca agora ampliar o seu equipo de catadores, con persoas interesadas e motivadas en participar neste proceso de análise sensorial. A campaña está especialmente orientada a persoas que teñan paixón por degustar novos produtos, experimentar e recoñecer sabores, e que logo estean dispostas a dar a súa opinión ao respecto.

Entre outros aspectos, TasteLab analiza as causas polas que un produto triunfa ou non no mercado

Na procura de novas candidaturas para sumarse ao panel de catadores de TasteLab, esta empresa de análise sensorial, ofrece un traballo gratificado cunha duración semanal de dúas horas. As funcións deste cometido consisten principalmente en dar unha opinión obxectiva e honesta, traballar cun equipo de analistas para compartir opinións e avanzar cara a decisións de consenso. O desenvolvemento deste proceso require do emprego dun vocabulario claramente definido que permita describir os produtos e que axude á discriminación entre eles.

Publicidade

As persoas interesadas en participar e, no seu caso, sumarse ao panel de cata que xa ten en marcha TasteLab, poden inscribirse para participar nesta campaña de captación de catadores/as a través do enderezo de correo electrónico info@tastelab.es. Tamén se pode obter máis información ao respecto das funcións a desenvolver, así como respecto ao evento programado para este xoves 26 de setembro, a través do número de teléfono 982 818 019.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

▪️ Que é a cúpula de calor? O fenómeno detrás dos récords de temperatura en Galicia en pleno mes de maio

MeteoGalicia establece alertas amarelas por calor na zona do Miño de Ourense e no sur de Lugo, con previsións de ata 36 graos

Un pazo do século XVII nos Ancares entra na Lista Vermella do Patrimonio polo seu grave estado de ruína

A asociación Hispania Nostra incorpora a inmoble tras constatar danos estruturais severos na coberta e no interior

A lucense que agarda un dobre transplante de páncreas e ril e converteu o hospital nun lenzo da súa vida

Monse Fernández publica "Haxa salú!", editado pola Fundación Renal Española, no que relata longas estancias médicas e anécdotas do día a día

A carracha que transmite Crimea-Congo duplícase nun ano e conquista novas zonas en Galicia

O grupo COPAR da USC identifica o parasito en 27 concellos de Lugo e Ourense e detecta anticorpos fronte ao virus en 14 animais de granxa das catro provincias