A sociedade Unirisco entra no accionarado da empresa Tastelab, da USC

A entrada da sociedade de capital risco impulsada pola USC e especializada no financiamento de de empresas de base tecnolóxica Unirisco Galicia no accionariado da spin of universitaria TasteLab favorece e impulsa o crecemento da primeira empresa de tecnoloxía sensorial de España. TasteLab é unha firma fundada en 2015 por un equipo integramente feminino que orienta so seus servizos á mellora da competencia dos seus clientes a través do estudo dos produtos e dos consumidores desde un punto de vista innovador.

O grupo de investigación de Análise Sensorial, Avaliación Nutricional e Desenvolvemento de Novos Alimentos da Facultade de Ciencias do Campus Terra da USC, un equipo que conta con máis de 20 anos de experiencia na aplicación da análise sensorial e o desenvolvemento de novos produtos alimentarios, apoiou desde o principio o nacemento de TasteLab promovendo a transferencia de todo o coñecemento acumulado a esta nova firma, na que a USC tamén participa como socio.

Publicidade

Tastelab é unha spin-off xurdida no Campus Terra da USC

A incorporación de Unirisco Galicia ao grupo de socios e accionistas de Tastelab encaixa entre os obxectivos desta sociedade de capital risco, que ten por finalidade a promoción de novas empresas que aproveiten o coñecemento xerado pola USC, a través de operacións de inversión temporal no seu capital ou mediante outros instrumentos financeiros, sempre baixo criterios de rendibilidade e creación de emprego.

Logo do éxito obtido con Innolact e AMS Lab, Unirisco Galicia volve inverter nunha empresa auspiciada e nada en Lugo, como é o caso TasteLab, coa pretensión de impulsar o crecemento desta firma de base tecnolóxica, así como a creación de novos postos de traballo, ademais de contribuír ao desenvolvemento da tecnoloxía que permita dar o salto ao mercado internacional, poñendo recursos económicos a disposición do proxecto empresarial.

Publicidade

O proceso de entrada de Unirisco Galicia no capital de TasteLab comezou a mediados de 2016 coa análise de viabilidade do proxecto desta empresa de tecnoloxía sensorial e continúa agora coa sinatura do acordo cos accionistas, un documento no que se define o volume da inversión, os prazos e garantías ou, os acordos de des inversión, entre outros.

Unirisco Galicia e TasteLab agardan que a suma de sinerxías permitirá acadar que TasteLab se consolide como empresa referente en análise sensorial para as industrias alimentarias, cosméticas e farmacéuticas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Algas galegas para unha agricultura máis resistente á seca e á calor

O proxecto BIO-MARTERRA abre unha nova vía para valorizar subprodutos da industria alimentaria e ofrecer alternativas naturais ao sector agrícola

Galicia aspira a construír un prototipo para o futuro colisionador de partículas do CERN

O IGFAE coordinaría a iniciativa xunto á colaboración da Xunta e do CDTI nunha acción estratéxica para a I+D+i na comunidade

A carracha que transmite Crimea-Congo duplícase nun ano e conquista novas zonas en Galicia

O grupo COPAR da USC identifica o parasito en 27 concellos de Lugo e Ourense e detecta anticorpos fronte ao virus en 14 animais de granxa das catro provincias

Do residuo ao tratamento: ingredientes contra doenzas animais a partir do bagazo de uva Albariño

Un proxecto europeo coordinado pola USC transforma 20 toneladas de residuos do viño en máis de 15.000 litros de extractos en diferentes formulacións