Todos os mapas do mundo menten

Unha exposición na UVigo reflexiona sobre a representación do mundo nos mapas do noso planeta. Na sala Alterarte do campus de Ourense José Andrés Santiago fai unha instalación amosando as diferentes cartografías da Terra. Así que aproveitamos para facer un rápido percorrido polos mapas para concluir que todos menten.

O mapa que abre esta reportaxe é un éxito en Australia. Pero non é o mapa oficial do país. Con todo, serve para lembrarnos que non hai ningunha razón para que o Norte estea cara arriba e o Sur cara abaixo. É unha simple convención. De xeito que algúns mapas medievais estaban orientados cara ao leste (orientar vén de Oriente).

Publicidade

Foto da Terra tomada pola misión Apolo17, co polo Sur arriba.
Foto da Terra tomada pola misión Apolo17, co polo Sur arriba.

O problema é que a Terra é case unha esfera e é imposible trasladala exactamente a un plano. Que o noso planeta sexa case esférico non é casualidade. Todo o mundo físico tende á esfera polo feito de ser moi estable: é a figura xeométrica que, para un mesmo volume, ten unha superficie externa menor. O caso é que é moi complicado aproximarse a representar en dúas dimensións as tres dimensións que ten unha esfera. E aí xorde o primeiro gran problema dun mapamundi.

Case todos os mapas de hoxe baséanse aínda no que trazou no século XVI Gerardus Mercator. A súa virtude é representar bastante ben as formas dos continentes, pero falla totalmente no seu tamaño.

Publicidade

Mapamundi que segue o modelo de Mercator.
Mapamundi que segue o modelo de Mercator.

Como consecuencia, Europa aparece o dobre de grande que Sudamérica, cando en realidade é a metade. E Groenlandia está sobredimensionada. Pero mesmo Google Maps inspírase actualmente no mapa de Mercator.

Unha pequena revolución supuxo a Proxección de Peters de 1973, baseada nos traballos previos de James Gall no século XIX. Aquí represéntase mellor o tamaño dos continentes. E a terra emerxida semella espallarse en bágoas que caen cara ao sur.

Proxección de Gall-Peters.
Proxección de Gall-Peters.

O mapa de Robinson de 1963 tentaba simular a curvatura da Terra, pero tamén ten erros.

Proxección de Robinson.
Proxección de Robinson.

E todos vimos tamén o de Goode de 1923, que representa a superficie do noso planeta cortándoa en cachos.

Proxección de Goode.
Proxección de Goode.

Ademais de que é imposible representar exactamente unha esfera nun plano, un problema engadido é a utilización política dos mapas. Algo repetido ao longo da historia.

Por exemplo, en China, os mapas sitúan a este país no centro do mundo.

Mural cun mapamundi chino. Fonte: geografiainfinita.com
Mural cun mapamundi chino. Fonte: geografiainfinita.com

E outro tanto fai Rusia.

Mapamundi feito en Rusia.
Mapamundi feito en Rusia.

Mentres que en Estados Unidos teñen mapas que poñen América no centro do mundo.

Mapamundi antigo dos Estados Unidos.
Mapamundi antigo dos Estados Unidos.

Pero de todas as cartografías do mundo, o máis sorprendente nos últimos anos é un mapa político que representa aos países segundo a súa poboación. Neste trazado, India, China ou Brasil convértense en descomunais. E para todos quedan unhas dimensións que convidan a reflexionar.

Mapa político do mundo que representa os países segundo a súa poboación. Fonte: TeaDranks.
Mapa político do mundo que representa os países segundo a súa poboación. Fonte: TeaDranks.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Que di o teu apelido sobre a túa orixe? Descúbreo neste mapa de Galicia

Unha ferramenta do Instituto da Lingua Galega permite consultar en liña a distribución dos sobrenomes no territorio a partir de datos do censo de 2001

Estes son os 29 puntos dende onde non estará permitido ver a eclipse total de agosto en Galicia

A Mariña concentra a maior parte das restricións da lista provisional elaborada a partir da información dos concellos por motivos de seguridade, mobilidade e accesibilidade

Como se vivía unha eclipse no pasado? Descúbreo con este mapa interactivo

A Sociedade Española de Astronomía e o CSIC presentan un mapamundi con máis de 100 elementos de patrimonio cultural dende a Antigüidade

Un mapa de 1762 debuxa unha rede para comunicarse a través do lume na costa sur de Galicia

A creación de Alejandro Des Angles constitúe, ata o momento, a representación máis antiga coñecida dun sistema organizado de avisos costeiros mediante sinais visuais