Atopada a pegada dactilar máis antiga do mundo? Luces e sombras do achado do CSIC

Expertos critican as conclusións e interpretacións dalgúns datos facilitados polo centro público e aseguran que é necesaria máis evidencia

Unha pegada para a historia. Polo menos, segundo o Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC). Un grupo de investigadores atopou presuntamente a pegada dactilar humana máis antiga do mundo, en colaboración coa policía científica. Algúns expertos, iso si, poñen en dúbida as conclusións da investigación.

O obxecto é un canto rodado de granito, depositado polos neandertais hai arredor de 43.000 anos. Neste, pintouse un punto vermello. A súa excepcionalidade, segundo o CSIC, radica en que no trazo pintado con ocre na superficie do canto identificouse unha pegada dactilar humana mediante técnicas multiespectrais e identificación forense. Este achado sería o exemplar máis completo e antigo dunha pegada dactilar humana no mundo. Ademais, a organización destaca o uso deliberado do pigmento con propósitos simbólicos.

Publicidade

Ante a publicación deste artigo académico, algúns expertos mostraron a súa desconformidade coa forma na que se interpretan estes datos. É o caso de Roberto Ontañón, director do Museo de Prehistoria e Arqueoloxía de Cantabria, ou de Clive Finlayson, experto en neandertais. “A esa sólida base empírica non lle corresponde una lectura dos datos igualmente rigorosa”, comentaba Ontañón nunhas declaracións nun artigo en El País.

Un rostro humano?

O estudo científico, a través dun microscopio electrónico de varrido e análises multiespectrais afirma que este obxecto foi manipulado intencionalmente para fins non utilitarios. O seu descubrimento pon o foco na capacidade simbólica dos neandertais, suxerindo que podían proxectar pensamentos abstractos sobre obxectos materiais. Ademais, os investigadores cren que o obxecto foi seleccionado pola súa morfoloxía natural: evoca un rostro humano, segundo afirman en The Conversation.

Publicidade

Varios científicos do IGME-CSIC participaron na campaña arqueolóxica na que se produciu o descubrimento e posterior caracterización da peza coa pegada. Alí, realizaron o contexto xeolóxico, petrolóxico e estratigráfico e as análises preliminares e as fluorescencias de raios X.

Un achado dun alto impacto mundial

A importancia patrimonial deste achado para Segovia, Castela e León, España e Europa sería excepcional, segundo os investigadores. A rexión situaríase así nun lugar destacado dentro do panorama europeo. Ademais, ofrecería un testemuño único sobre as capacidades cognitivas e culturais dos últimos neandertais da península ibérica.

E por isto que é importante verificar ben a utilidade deste achado. Para os investigadores, non só supón un fito na investigación prehistórica europea, senón tamén unha oportunidade para promover o patrimonio arqueolóxico de Castela e León.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un equipo de Santiago publica un estudo pioneiro para tratar unha complicación da enfermidade de Crohn

O ensaio clínico realizado polo IDIS e o CHUS avalía un innovador fármaco oral que amosa resultados preliminares positivos

Investigadores analizan macroalgas verdes mariñas para impulsar a súa valorización en Galicia

Un equipo da UVigo estuda os polisacáridos do xénero Codium da costa galega como fonte de novos ingredientes funcionais

Unha intervención arqueolóxica na Illa de Ons revela novos restos castrexos

O descubrimento produciuse fóra da muralla do castro do Castelo dos Mouros, onde ata agora só se atoparan elementos romanos

O científico Antonio Salas, premio da Crítica de Galicia

O catedrático da USC recibiu o galardón na modalidade de investigación en ciencias e tecnoloxía