Localizado un novo complexo residencial de hai 1.500 anos en Valencia do Sil

A área descuberta ten preto de 200 m2, está composta de cinco estancias e puido ser un taller de ferramentas de ferro e cobre

A campaña de escavacións no xacemento do Castelo, en Valencia do Sil (Vilamartín de Valdeorras), dá como resultado o descubrimento dun gran complexo residencial datado entre os séculos IV e V d.C. O novo espazo engádese ao xa coñecido do sitio, principalmente unha fragua e unha casa tardorromana. Esta nova área descuberta durante esta campaña configúrase como un amplo espazo de preto de 200 m2 e dividida en varias estancias.

“Trátase dun gran complexo do que ata agora temos recoñecidos cinco cuartos, aínda que seguro que serán moitos máis”, di Carlos Tejerizo, director das intervencións. “Este novo espazo non só presenta o Castelo como un dos xacementos máis importantes da bisbarra, senón que dará moita información sobre as formas de vida de hai 1.500 anos”, remata. A escavación corre a cargo, dende o ano 2019, da Asociación Científica Sputnik Labrego co apoio e financiamento do Concello de Vilamartín de Valdeorras.

Publicidade

Un posible taller de ferramentas

Este lugar histórico ten sido interpretado como un taller produtivo de ferramentas de ferro e posiblemente tamén de cobre para abastecer as poboacións da contorna nun momento de expansión económica. “Sabemos polos descubrimentos feitos polo grupo de Los Escarbadores na zona da Cigarrosa e polas escavacións na Pobra, xunto ao Barco de Valdeorras, que a ocupación romana foi moi intensa e que precisaban de moita ferramenta”, comenta Celtia Rodríguez, codirectora das intervencións. “A pebida de uva que atopamos hai uns anos e as sementes de trigo e centeo que temos descubertas no sitio indican un uso agrícola e gandeiro intensivo durante a época tardorromana”, continúa a arqueóloga.

Segundo estes investigadores, o novo complexo residencial podería pertencer ás elites que controlaban esta explotación e produción de metais. Así, polo de agora, atopáronse materiais arqueolóxicos que apuntan a un uso residencial de familias de alto poder adquisitivo, como moedas, pesas de tear e cerámicas de luxo.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Os segredos que agocha o xacemento de Armea: 15 anos de escavacións e unha nova casa castrexa

A escola de verán cumpre unha década e media cunha intervención que confirma a presenza de restos arqueolóxicos no Alto dos Fornos

Un proxecto galego analiza dous séculos de presenza humana na Antártida a través de obxectos

A investigación está liderada pola arqueóloga María Ximena Senatore e conta cunha Advanced Grant pola que recibirá case dous millóns e medio de euros durante cinco anos

De campamento neandertal a enterramento: os achados das escavacións en Cova Eirós e Monte Penedo

Os traballos, liderados dende a USC, permiten descubrir restos óseos infantís e adultos e amplían os períodos de ocupación humana das cavidades

O equipo de Santa Clara cre que o cerebro saponificado pertenceu a unha monxa de entre os séculos XVII e XIX

O órgano atopouse durante e escavación de tres tumbas no coro baixo da igrexa e agora está depositado nunha cámara frigorífica da USC para garantir a súa conservación